Notas de prensa

Agadic apoia 572 funcións e concertos ata finais de 2010

A entidade da Consellería de Cultura inviste máis de 650.000 euros na programación que se desenvolverá de setembro a decembro en 86 salas e teatros de toda Galicia, no marco das redes de distribución de espectáculos.

Os tres circuítos de distribución de espectáculos que a Consellería de Cultura e Turismo promove a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) acollerán entre os meses de setembro e decembro un total de 572 funcións de teatro, música, danza e maxia, das que 345 corresponden á Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), 85 á Rede Galega de Salas (RGS) e 142 á Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).

A Agadic reserva un orzamento total de 656.595 euros para este último cuadrimestre de programación, que cofinancia xunto cos concellos e entidades privadas que xestionan os 86 teatros, auditorios e salas de toda Galicia que conforman as tres redes. Desta contía global, 548.725 euros destínanse á RGTA, 44.075 euros á RGS e 63.795 euros á RGMV. Ao finalizar 2010, a entidade da Consellería de Cultura terá achegado preto de 1,5 millóns de euros para asumir diferentes porcentaxes dos cachés dos espectáculos presentados no total de 1.402 funcións ofrecidas durante todo o ano.

Formacións galegas

Este segundo ciclo de programación anual estará protagonizado por 153 formacións artísticas, a meirande parte delas galegas. Delas, un total de 68 ofrecen os seus últimos espectáculos no marco da Rede Galega de Teatro e Auditorios, que o vindeiro día 9 inaugura a súa programación para este último cuadrimestre coa representación do espectáculo Wake Up, de Nut Teatro, no Auditorio Municipal do Carballiño. Esta carteleira estenderase ata o 30 de decembro por un total de 45 escenarios galegos, ofrecendo unha ampla variedade de propostas artísticas, con 190 funcións de teatro para público adulto, 128 de teatro e danza dirixidas especificamente a público infantil, 12 de maxia, 11 de danza para adultos e 4 de música de cámara.

O teatro é tamén o gran protagonista da programación na Rede Galega de Salas, neste caso cunha atención destacada ao público máis novo. Así, das 85 funcións previstas nos seis espazos do circuíto (Teatro del Andamio na Coruña, ARTeria Noroeste, Sala Nasa e Sala Santart en Santiago e Teatro Arte Livre e Teatro Ensalle en Vigo), 56 corresponden a teatro infantil, 24 a teatro para público adulto e 5 a danza.

No caso da Rede Galega de Música ao Vivo, circuíto que por primeira vez dende a súa creación en 2007 mantivo a súa actividade durante os meses de verán, o calendario de concertos continuará a partir de setembro en 35 dos locais asociados a Clubtura (Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo). Senllas actuacións o vindeiro 3 de setembro das bandas Dakidarría na Sala 600 de Melide e Mitocondrias no Auriense Café Cultural de Ourense abrirán este segundo cuadrimestre de programación na RGMV, que se desenvolverá ata o 31 de decembro con concertos dun total de 64 grupos de moi diferentes estilos, que van dende o pop e o rock, ata o blues ou o hip-hop.

Axenda de espectáculos e concertos en: http://galiciamovese.xunta.es

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-08-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (vazquez_caballero_38congreso.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, ha mostrado su "satisfacción" por la victoria de Alfredo Pérez Rubalcaba, que este sábado ha sido elegido nuevo secretario general del PSOE, y ha afirmado: "Yo siempre dije que apostaba por él". Pachi Vázquez aboga por "pasar página" porque los enfrentamientos son "propios" del congreso pero ahora hay que "integrar, unir y ser fuertes".
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania