Notas de prensa

A Xunta ratifica o seu apoio á pescada do bonito en Burela

O presidente da Xunta salienta os bos resultados desta campaña do bonito que está a resultar “especialmente intensa” polo número de capturas e de facturación e convirte e Burela no segundo porto de España.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou o apoio “loxístico e promocional” que o Goberno galego presta á pescada do bonito, que ten convertido Burela no segundo porto de España en número de capturas. O mandatario galego visitou esta mañá a lonxa de armadores de Burela, onde percorreu as áreas de venda de bonito e do Gran Sol, o almacén de expedición de peixe e embarcou nun barco de pesca.

O presidente da Xunta precisou que dous barcos que están permanente traballando na zona onde se pesca esta especie serven de apoio loxístico ás tripulacións que participan na pescada do bonito; un deles, facendo de apoio loxístico, de medicina e telemedicina e, por suposto, servindo como punto de evacuación mediante os helicópteros, dixo.

No que se refire ao apoio promocional, explicou que o bonito que se pesca en Galicia e que sae a través de Burela leva unha etiqueta verde que acredita a calidade do bonito do Norte, a legalidade da súa captura, o barco onde é collido e tamén a zona onde é pescado.

Sostibilidade ambiental, económica e social

O mandatario galego sinalou que a pescada do bonito é “clave” na Mariña lucense por unha serie de particularidades que están baseadas sempre nun principio básico que é a sostibilidade ambiental, económica e social. A sostibilidade ambiental, proseguiu, é “unha garantía e un indicador específico da campaña do bonito porque o propio bonito establece a súa propia veda natural”. Neste contexto, explicou que a propia arte de pesca do curricán obriga a que non se poida coller outra especie que non sexa o bonito.

Sobre a sostibilidade económica, expuxo que son moitas familias as que viven da pescada e que este peixe rexistra un alto volume de facturación. Feijóo resaltou que Burela é o segundo porto de España en importancia de capturas deste tipo de peixe posto que o 70 por cento de todo o bonito que entra en Galicia entra polo porto de Burela.

NotaAsí mesmo, destacou que estamos nunha temporada de bonito “especialmente intensa” tanto pola súa contía como pola súa facturación. “Estamos rexistrando un 60 por cento máis de capturas que no ano 2009 e cun 45 por cento máis de vendas que o pasado ano. Polo tanto, estamos nun momento importante”, subliñou.

No tocante á sostibilidade social, argumentou que se está a manter poboación dentro da costa que converte a Burela nun dos concellos onde a poboación “non soamente se mantén, senón que se incrementa”. Ademais, agregou, é unha poboación que integra culturas como consecuencia das tripulacións dos barcos que residen na zona.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-09-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (rubalcaba.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, que acudirá al 38º congreso de los socialistas como portavoz de la delegación gallega, asumirá la posición "mayoritaria" de los 54 delegados que apoyan a Alfredo Pérez Rubalcaba para relevar a José Luis Rodríguez Zapatero al frente de la dirección de su partido, en la pugna con Carme Chacón.
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania