
A Biblioteca Anxel Casal acolleu a presentación da 32 edición do Congreso Internacional de Literatura Infantil e Xuvenil (IBBY) que ten lugar en Santiago entre os días 8 e 12 se setembro baixo o lema A forza das minorías. O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, asegurou que a celebración desta cita bienal el Galicia “é unha proba máis de que na nosa comunidade estamos a realizar un traballo sólido e de calidade como produtores e difusores da literatura infantil e xuvenil, con creadoras e creadores, editoriais e especialistas de primeiro nivel mundial”.
Para o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, albergar este congreso despois de Copenague, e coas sedes de 2012 e 2014 xa designadas, en Londres e Oaxaca (México), “constitúe para toda Galicia un honor e un motivo de orgullo, que vén encher cunha dimensión especial o Ano do Libro e da Lectura, que organizamos dende a Consellería de Cultura e turismo”. “Deste xeito, a organización de un evento de referencia a nivel internacional confirma a nosa posición no mundo da literatura infantil e xuvenil, actuando como elemento dinamizador de creación, interpretación e distribución, e a súa vez nos serve de carta de presentación no exterior”.
Doutra banda, o director xeral afirmou que “a cultura tamén ten a labor de facer un mundo mellor”, e tal como reza o tema central deste Congreso, A forza das minorías, “cada unha das culturas e das sociedades que nos acompañan deben de contribuír cada vez máis ao entendemento dos pobos”. Neste sentido, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura explicou que “os nenos parten de onde chegamos os adultos, e a nós correspóndenos darlles un camiño limpo no que poidan desenvolverse, os textos cos que descubran as súas posibilidades e o seu mundo; as ilustracións que os aproximen a si mesmos, ao que levan dentro e a todo o que poidan compartir no transcurso da súa existencia”.
De cara o futuro, Francisco López asegurou que tanto dende o IBBY como dende a Xunta de Galicia “temos a vista posta na transformación dos recursos, na exploración das novas vías que nos esixe a adecuación aos tempos que vivimos, para que a nosa infancia e a nosa xuventude conten con alicientes específicos para acudir á lectura e ao crecemento intelectual que lles corresponde neste século XXI”.
Baixo o lema para 2010 “A forza das minorías”, a 32º entrega do Congreso de IBBY, chega a Santiago de Compostela tras navegar durante 50 anos polo mundo adiante coa súa mensaxe de promoción e apoio da lectura como bandeira. Comprometido na responsabilidade de IBBY por loitar en pro da diversidade e da pluralidade e en busca dunha conciencia de globalidade, o Congreso busca nesta ocasión tenderlle unha man ás minorías, para axudar aos que non poden falar e dar acubillo aos que non teñen voz. Utilizando as ferramentas máis antigas de cantas existen: a comunicación e a palabra, preténdese pór en valor o feito de que as persoas pertencentes a calquera tipo de minoría, teñen o dereito e o deber de protexer e conservar a súa cultura, relixión, forma de entender o libro e a lectura e empregar a súa lingua.
A International Board on Books for Young People (IBBY) constitúe unha organización conformada por setenta seccións nacionais. En España, IBBY, atópase representada pola OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil). IBBY é unha Organización Non Gobernamental, incorporada á Unesco e Unicef, acerrimamente defensora dos principios da Convención Internacional dos Dereitos do Neno. Dende a súa fundación en 1953 en Zurich, IBBY sempre tivo como punto de referencia básico o ámbito do libro infantil e xuvenil como contedor, suxeridor ou mediador de sensibilidades e formas de comunicar para desenvolver iniciativas de promoción da lectura en todos os países do mundo.
O Comité Executivo de IBBY é o encargado de determinar as políticas e programas da Organización. Está definido por dez persoas de distintos países e un Presidente, elixidos polas Seccións Nacionais no curso da Asemblea Xeral. Cada dous anos, unha Sección Nacional diferente actúa como anfitrioa do congreso.
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, deulles a benvida aos membros da rede temática de investigación “As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico e iberoamericano”, que participan desde o luns na reunión anual desta entidade.
A reunión, coordinada polo Centro Ramón Piñeiro a través da investigadora Blanca-Ana Roig Rechou, ten como obxectivo determinar as actividades a realizar durante o curso 2010-2011. Ademais, os membros da rede participarán no curso de formación continua “As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. Reescrituras actuais do conto popular. Século XXI”, que se celebra desde onte e ata mañá na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia.
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades é un servizo da Secretaría Xeral de Política Lingüística que favorece a promoción e o desenvolvemento de proxectos e programas galegos de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos, así como a súa difusión. Centrados no ámbito literario, o Centro Ramón Piñeiro ten en marcha actualmente diversas iniciativas, entre as que destacan Bibliografía da literatura galega, Informes de literatura, Narrativa recuperada e Dicionarios de literatura, entre outras.
De acordo cos obxectivos do Plan xeral de normalización da lingua galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística está a potenciar a través deste centro diversas actuacións que permiten dispoñer de novas ferramentas para a lingua en formato dixital e bases de datos terminolóxicas, accesibles universalmente.
El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, ha mostrado su "satisfacción" por la victoria de Alfredo Pérez Rubalcaba, que este sábado ha sido elegido nuevo secretario general del PSOE, y ha afirmado: "Yo siempre dije que apostaba por él". Pachi Vázquez aboga por "pasar página" porque los enfrentamientos son "propios" del congreso pero ahora hay que "integrar, unir y ser fuertes".
La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.
