
Dende Lugo, a máis antiga cidade de Galicia, chamada Cidade do Sacramento por gozar dende tempos inmemorables do privilexio da presenza eucarística de Xesucristo de forma permanente na capela maior da Catedral, acudimos a Ti, esta decana e franciscana Confraría Penitencial de Semana Santa, a do Desenclavo e Maiores Dolores de María, cumprindo coa nosa fermosa tradición de peregrinar ata esta impoñente Catedral cada Ano Santo.
Procesionamos, peregrinamos, porque é o símbolo da nosa propia vida, un continuo camiñar ata o encontro co Señor. Somos constantes peregrinos e, encamiñándonos ata Ti, renovamos continuamente este espírito que nos permite saír das marxes establecidas polas nosas propias limitacións humanas en busca do máis transcendental.
Vimos ante a túa Tumba, querido Santiago, para expoñerche as nosas necesidades, e demandar o teu favor para que, unido ao noso esforzo, consigamos satisfacelas para o noso propio ben e o dos nosos irmáns:
- Necesitamos Señor Santiago, mans firmes e duras para axudar a tantos e tantos que lles tocou vivir as grandes traxedias do noso tempo: o paro, a soidade, o desespero, o desarraigamento, as grandes enfermidades, a fame, a persecución.
- Necesitamos Apóstol Santiago, conciencias puras para que logremos encamiñar a nosa Sociedade cara a unha nova cultura de Vida. Debemos e queremos ser férreos defensores da Vida ante todas as súas agresións: a guerra, a pena de morte, a tortura, a eutanasia, o aborto...
- Necesitamos de Ti, Amigo do Señor, corazóns limpos e humildes, para que coa forza e perseveranza necesarias, poidamos converternos, como di o noso Pai San Francisco na súa Oración pola Paz, en instrumentos da paz do Señor, e alá onde vaiamos, poñamos sempre o noso amor.
Querido Apóstol, hai días que saímos da nosa cidade, e hoxe regresamos profundamente renovados. Estamos preparados para vivir como cristiáns, como verdadeiros e incansables apóstolos de Cristo, e isto é o que nós vímosche a ofrecer.
Ti es a nosa estrela a seguir, como aquelas milagrosas que brilaban na noite naquel campo onde hoxe se levanta esta Catedral, e deron nome a esta Santa Cidade: Campo de Estrelas, Compostela.
Grazas, Señor Santiago.
El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, ha mostrado su "satisfacción" por la victoria de Alfredo Pérez Rubalcaba, que este sábado ha sido elegido nuevo secretario general del PSOE, y ha afirmado: "Yo siempre dije que apostaba por él". Pachi Vázquez aboga por "pasar página" porque los enfrentamientos son "propios" del congreso pero ahora hay que "integrar, unir y ser fuertes".
La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.
