
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, destacou na presentación de diplomas da Lista de Honra do XXXII Congreso Internacional de Literatura Infantil e Xuvenil a importancia da inclusión de Agustín Fernández Paz, na categoría de creación, e de Ignacio Chao, na de tradución. “Para nós, como galegos, é un gran pracer velos nesta relación selecta, que nos leva a agradecerlle ao IBBY o apoio que lle dá deste xeito á cultura galega, en xeral, e á cultura relacionada coa infancia e a xuventude, en particular”, asegurou.
Respecto á incorporación destes “importantes nomes” da literatura infantil e xuvenil galega, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura lembrou que é a terceira vez que se inclúe a Agustín Fernández Paz, “o noso creador de innumerables historias cargadas de humanidade”. Do mesmo xeito, salientou Francisco López, prodúcese por vez primeira o recoñecemento de Ignacio Chao como “tradutor exquisito, que lle dá á escrita a posibilidade de abrirse a novos públicos e a novos espazos”.
Na súa intervención, o director xeral enxalzou o valor de figurar nunha relación de prestixio como ésta xa que “desde a experiencia compartida no eido da literatura infantil e xuvenil e dentro do campo da xestión da cultura, sabemos que a creación literaria actual, no terreo da literatura infantil e xuvenil, conta cunha impresionante riqueza, que dificulta o labor dos comités de selección”.
“Todas as persoas incluídas nesta lista de honra certifican o gran momento que está a vivir a literatura e a edición infantil e xuvenil, a extraordinaria calidade da oferta mundial neste eido, e tamén a internacionalización verdadeira das culturas, das maiorías, e das minorías ás que está dedicado este trixésimo segundo congreso do IBBY”, afirmou.
El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, ha mostrado su "satisfacción" por la victoria de Alfredo Pérez Rubalcaba, que este sábado ha sido elegido nuevo secretario general del PSOE, y ha afirmado: "Yo siempre dije que apostaba por él". Pachi Vázquez aboga por "pasar página" porque los enfrentamientos son "propios" del congreso pero ahora hay que "integrar, unir y ser fuertes".
La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.
