Notas de prensa

Xunta e Fundación Telefónica dixitalizan máis de 8.000 documentos do fondo de Isaac Díaz Pardo

Este acordo permitirá, a través da Biblioteca de Galicia, preservar, poñer en valor e difundir numerosas obras do fondo depositado por Isaac Díaz Pardo no Gaiás. O material de Camilo Díaz Baliño é dunha riqueza documental valiosísima, que conta con 200 fotografías, unha pequena biblioteca persoal, 100 cartas, debuxos e relatos orixinais, entre outros.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, asinaron un convenio de colaboración para a dixitalización de 8.600 documentos do fondo que Isaac Díaz Pardo depositou na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura. Ao acto de sinatura asistiron ademais o secretario xeral de Cultura e os fillos do intelectual galego, Xosé e Camilo Díaz.

O obxecto deste convenio é a dixitalización de diferentes obras do fondo depositado por Isaac Díaz Pardo no Gaiás para a súa preservación, posta en valor e difusión. Neste fondo atopanse as obras das coleccións Camilo Díaz Baliño (escritor, artista gráfico e intelectual galego) e Manuel Chamoso Lamas, insigne arqueólogo e escritor tamén de orixe galega. Deste xeito, levarase a cabo o tratamento de 8.600 imaxes das citadas coleccións, que serán obxecto de dixitalización, de acordo cos termos recollidos convenio.

Entre os documentos que se dixitalizarán, hai numerosa correspondencia privada, telegramas, fotografías, escenografías, debuxos, pergamiños, deseños de carrozas, carteis, pinturas e mesmo textos adicados. Atópanse tamén moitos documentos da Guerra Civil, como folletos ou discursos. Para garantir a súa calidade, tódolos os documentos dixitalizaranse a 24 bits de cor e unha resolución mínima de 400 pp.

A través deste acordo sistematizarase a xestión das coleccións, facilitando o acceso e tratamento da documentación; facilitaranse moito as consultas e acceso á información; e crearanse copias dos documentos para a súa manipulación. Asemade, desenvolverase a normativa internacional recomendada para a interoperabilidade entre repositorios dixitais o que permitirá a participación da Biblioteca de Galicia en proxectos europeos, así como a consulta online dos materiais de dominio público, non suxeitos a dereitos ou cos dereitos debidamente xestionados.

Valiosa colección documental

O material reunido de Camilo Díaz Baliño polo seu fillo, Isaac Díaz Pardo é dunha riqueza documental valiosísima, conta con 200 fotografías, unha pequena biblioteca persoal, 100 cartas, debuxos e relatos orixinais, 10 albumes elaborados por Camilo Díaz que recollen toda a súa actividade profesional en América como escenógrafo e documentos persoais.

Dos máis de 8.000 documentos que se van a dixitalizar a través deste convenio con Telefónica, o máis salientable son os debuxos, como a colección de debuxos feitos por Camilo Díaz na cadea, onde hai retratos feitos aos seus compañeiros de prisión e mesmo un debuxo premonitorio do seu futuro pasamento. Tamén figuran debuxos do proxecto de decoración para o teatro Cervantes de Vilagarcía, un proxecto dun tapiz pintado para unha Cámara de Comercio ou debuxos das carrozas para festas.

Doutra banda, respecto ao fondo hai correspondencia orixinal - cartas, cablegramas, telegramas - dirixida a Camilo Díaz de persoeiros como Castelao, Manuel Abelenda, Ramón Beade, Leandro e Eugenio Carré, Santiago Casares, Carlos Maside, Antonio Palacios, Vicente Risco, Bouza Brey, Francisco Asorey, Paz Andrade, Vicente Risco, entre outros; das Irmandades da Fala, do Centro Galego de Bos Aires así como outras entidades, relacionada tanto con asuntos persoais coma laborais. Tamén atópanse cartas escritas por Camilo Díaz Baliño a Ricardo Camino, Francisco Lloréns, Crestar, López Campos, Antonio Palacios, Amalio Taboada entre outros.

Tamén aparecen fotografías familiares e de amizades; carteis; diversa documentación relacionada coa escenografía como imaxes, folletos, fotografías de escenas e de representacións; escritos de colaboracións en prensa; os albumes que o propio Camilo compoñía a través de referencias nos xornais como o “Ãlbum da coral Ruada” e o “Ãlbum Ultreya” entre outros. Asemade, tamén hai documentación de interese artístico como os libros coa capa debuxada por Camilo Díaz de diversas novelas, guías ou outras obras.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES