Noticias

El concello de Lourenzá convoca el XI Concurso Fotográfico de la Festa da Faba

Las obras originales, en blanco y negro o color de un tamaño mínimo de 18x24, deberán presentarse en formato digital para su publicación posterior en la web www.fabadelourenza.org.

Bases del XI Concurso Fotográfico de la Festa da Faba de Lourenzá remitidas por la organización:

Cada concursante poderá presentar un máximo de 6 fotografías e un mínimo de 4. Éstas deberán ser inéditas e que non fosen premiadas en concursos anteriores.

Adimitiranse fotografías en b/n e cor cunhas medidas comprendidas entre un tamaño mínimo de 18 x 24 cm e máximo de 30 x 40 cm debendo acreditar por escrito a propiedade intelectual das mesmas. Asimesmo deberán ser presentadas en formato dixital (CD) para a publicación das 2 series gañadoras no web www.fabadelourenza.org. Non deberán ir montadas nin reforzadas sobre cartulina, nin con “passepartout” e tampouco poderán ser presentadas enroladas, non sendo admitidas imaxes de montaxes.
Farase constar ao dorso de cada unha o título da obra e o número de orde dentro da serie, así como o nome e apelidos, domicilio e teléfono do autor. No caso de querer participar baixo seudónimo deberase adxuntar nun sobre xunto ás fotografías os datos solicitados anotando no exterior do mesmo e no dorso das fotografías o lema baixo o que se presenta e o título da obra.

PRESENTACIÓN

As obras poderán ser presentadas no CONCELLO DE LOURENZÁ, Praza do Conde Santo, s/n 27760 Lourenzá (Lugo), Tfno. 982 12.10.06 e 982 12.15.52, ou ben remitidas por correo ou calquer outro transporte indicando no sobre “XI CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DA FABA”.O prazo de presentación remata o 19/09/07, e para as fotos remitidas por correo entenderase como data de presentación a do mataselos do sobre.

PREMIOS E DEREITO DE EXHIBICIÓN

Premiarase a serie de fotografías presentadas con Temática Libre Lourenzá (Categoría A – que sexan representativas, recoñecibles, distintivas e identificativas do Concello de Lourenzá) e a serie presentada con Temática Libre (categoría B – sen ninguna restricción) establecéndose os seguintes premios:
Premio Serie Fotográfica “Libre Lourenzá”…………………….. 500 €
Premio Serie Fotográfica “Libre” …………………………..………..… 200 €

Cada autor só poderá recibir un único premio que se outorgará a aquelas fotografías que a xuizo do xurado reflictan mellor e con maior calidade o tema que se desexe resaltar. Ningún premio quedará deserto, pasando a ser propiedade do Concello de Lourenzá as obras premiadas das que poderá dispor libremente sempre que se cite ao autor e teña como fin a divulgación e promoción cultural.

XURADO

O Concello de Lourenzá designará un xurado para a calificación das obras presentadas que emitirá o seu faio inapelable, actuando de secretario unha persoa en representación da entidade convocante, dándose a coñecer en acto público o día 06/09/07.

DEVOLUCIÓNS

As obras non premiadas poderán ser devoltas aos seus autores despois da súa solicitude ben sexa escrita (carta ou fax) ou retirando os orixinais personalmente nas oficinas do Concello entre o día 9 de outubro e 30 de novembro do 2007. Rematado este prazo as obras pasarán a formar parte do patrimonio do Concello.

OUTROS

A organización convocante queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.
A concurrencia a este concurso implica a aceptación das presentes bases.

R., 2007-08-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (zapatero_tourino_mitin.jpg) El presidente del Gobierno y secretario general del PSOE, Rodríguez Zapatero, viaja el domingo 11 de enero a Ourense para participar en su primer acto de precampaña de las elecciones autonómicas gallegas del 1 de marzo. Feijóo encabezará la candidatura por Pontevedra para "visualizar" la "confrontación directa" con Touriño. Dice que la renovación marcará la confección de las listas.
Foto de la tercera plana (festival_iberojazz_09.jpg) A Coruña acoge del 15 al 31 de enero la cuarta edición del Festival Iberojazz. Se presentan las últimas novedades musicales en este género en distintos escenarios como el Forum Metropolitano, el Teatro Rosalía o pubs de la ciudad. Zé Eduardo, Jorge Pardo o El Bola, entre los artistas invitados.

Notas

A evolución da prensa e o papel que xogou o nacionalismo galego ao longo do século XX foi un dos eixos vertebradores da exposición da catedrática de Comunicación Audiovisual da USC. A charla enmárcase no ciclo de conferencias A Galiza das Irmandades: Unha perspectiva actual.
Do 10 ao 31 de xaneiro exhíbense os traballos presentados na Capela da Madalena de Arzúa. O xurado valorará especialmente a creatividade. O cuarto premio elexirase por votación popular.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Difícil papeleta en Fene: Todos sabemos que as administracións, eminentemente ordenancistas, teñen unh...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información