Noticias

Presentada una nueva edición del juego de rol Irmandiños: A Revolta

Quinientos jóvenes gallegos de entre 18 y 30 años compiten en la toma del castillo de Monterrei para rememorar la Segunda Revuelta Irmandiña. Este juego de rol pretende dar a conocer la historia para fortalecer la identidad gallega. Ambientado, enla Galicia medieval del siglo XV, el juego se celebra entre el 5 y el 7 de octubre.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar de la Xunta de Galicia:

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, salientou a importancia de coñecer a historia propia de Galiza, que a define como nación, para así fortalecer a nosa identidade. Quintana presentou esta mañá a segunda edición do xogo de rol “Irmandiños: A Revolta”, que organiza a Vicepresidencia da Xunta a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Para o vicepresidente, iniciativas como esta permiten “achegarnos á nosa historia sen complexos, sen prexuízos e sen sentimentos de inferioridade, como se nos quixo inculcar durante moito tempo; senón con interese e a mente aberta, que é a mellor actitude para aprender”.

O xogo, escrito e dirixido por 13Negativo, está ambientado na Galiza medieval do século XV e celebrarase no Castelo de Monterrei entre o 5 e o 7 de outubro. Medio milleiro de mozas e mozos poderán tomar o antigo bastión nesta aventura que os converterá en protagonistas dunha historia que ten como marco de fondo a Segunda Revolta Irmandiña, revivindo así a Galiza do ano 1467, cando os labregos se alzaron en armas contra os señores feudais.

Con esta actividade, un dos maiores xogos de rol que se organizan no Estado, preténdese dar a coñecer a Historia de Galiza, familiarizando aos participantes con personaxes da época como Roi Xordo, o arcebispo Fonseca, Henrique IV, Pedro Madruga, Diego de Lemos, Alonso de Lanzós ou Pardo de Cela. Ao mesmo tempo, a iniciativa permite pór en contacto á mocidade de forma activa co mundo do teatro e dos xogos de rol, e contribúe a fomentar o interese pola lectura de obras literarias históricas relacionadas coa temática do xogo. Trátase de propoñer modelos alternativos de ocio, fomentando a convivencia e o traballo en equipo e estimulando a imaxinación.

Quintana destacou que o coñecemento da historia galega que fomenta este xogo de rol non é incompatible co interese polo foráneo, xa que “canto mellor coñezamos o patrimonio da nosa propia identidade máis doado nos resultará achegarnos ao doutras culturas”, recalcou. Ademais, para Quintana resulta evidente que os galegos e as galegas queren coñecer a súa historia a xulgar polas máis de 71.000 persoas que xa visitaron a exposición Nazón de Breogán nos máis de 25 concellos que percorreu.

Para apuntarse a “Irmandiños: a Revolta”, os interesados terán que aboar unha cota de participación de 30€, cun desconto do 25% para os titulares do Carné Xove ou o Carné Máis, que inclúe o desprazamento en autobús ata a zona do xogo (os arredores do castelo de Monterrei, preto de Verín) e a comida, ademais da participación no xogo e a estancia. Todos aqueles que se inscriban durmirán en tendas de campaña as noites que dura o xogo e por suposto poderán escoller o bando ao que pertencer: ou señores ou labregos.

Os mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos, que queiran tomar parte nesta iniciativa poden anotarse dende hoxe ata o vindeiro día 27 de setembro. Admitiranse un máximo de 500 xogadores e todos os que se queiran apuntar ou solicitar máis información pódeno facer chamando aos seguintes teléfonos 981 545 937, 981 545 702, 981 544 869, ou ben na Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Tamén se pode acceder a toda a información sobre o xogo e a historia nas páxinas web www.irmandinhos.com, www.13negativo.com, ou www.xuventude.net.

R., 2007-08-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (manifestacion_slg_leche_2.jpg) Santiago de Compostela acogió la celebración de dos manifestaciones en las que agricultores gallegos demandan precios dignos para la leche y ayudas públicas al sector. La división entre los sindicatos agrarios llevó a una doble convocatoria: por un lado la protesta de Unións Agrarias y de Xóvenes Agricultres, y por otra la del Sindicato Labrego Galego.
Foto de la tercera plana (castelao.jpg) Presentado en el Museo Provincial el catálogo de fondos digitalizados de la obra de Castelao, que recoge en la web cerca de dos mil dibujos del intelectual galleguista. El catálogo, que puede ser visitado a través de la página web del Museo, pone a la disposición directa de los ciudadanos toda la obra plástica de Castelao custodiada en el Museo de Pontevedra.

Notas

O ciclo de conferencias A Galiza das Irmandades: Unha perspectiva actual, pretende achegar luz sobre a esta etapa histórica de Galicia. Un total de nove conferencias servirán para profundar no coñecemento do feito histórico do nacionalismo galego producido en 1918.
Los presidentes de la CEP, Aclunaga y el Cluster del Audiovisual participaron en el Club de Debates de Empresa y Finanzas y destacaron que los cluster proporcionan valor, conocimientos y colaboración.

Editorial

Abandono no rural: As correntes migratorias dos anos sesenta e setenta, de xeito especial, redu...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información