Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Museo de Arte Contemporáneo (Marco) de Vigo:
A exposición TEMPO AO TEMPO, a mostra conmemorativa do 5º aniversario do MARCO, acaba de ser seleccionada entre as dez mellores exposicións do ano 2007 en España, segundo o balance que cada ano por estas datas publica a revista EL CULTURAL. O xurado estivo composto por 12 críticos de arte, e o resultado sitúa á mostra TEMPO AO TEMPO nun lugar destacado entre exposicións de varios museos e centros de arte de Madrid e Barcelona.
A exposición TEMPO AO TEMPO, que excepcionalmente ocupa todos os espazos do edificio do MARCO, permanece aberta ao público ata o 17 de febreiro de 2008. A través dunha selección de artistas e obras —varias delas producidas especificamente para esta exposición— analízase, dende unha perspectiva crítica, a obsesión actual polo paso do tempo, a memoria, e o sentido ou o peso da historia. Tantas visións ou interpretacións do tempo como artistas representados na mostra —34 en total— na obra dos cales o tempo está presente non como algo anecdótico, senón dun modo constante.
O xurado estivo composto polos seguintes expertos: José Luis Clemente, Ramón Esparza, Abel H. Pozuelo, Javier Hontoria, José Marín-Medina, Mariano Navarro, Pilar Ribal, Jaume Vidal Oliveras, Elena Vozmediano, David G. Torres, Rocío de la Villa, e David Barro.
Baixo o título Lo mejor del año, o semanario EL CULTURAL destaca, xunto á mostra TEMPO AO TEMPO, a individual de Luis Gordillo (MNCARS), Un teatro sin teatro e Janet Cardiff & George Bures Miller (MACBA, Barcelona); Warhol sobre Warhol (La Casa Encendida, Madrid), Durero y Cranach (Museo Thyssen y Fundación Caja Madrid), Las fábulas de Velázquez e Tintoretto (Museo del Prado); Momentos estelares de la fotografía (Círculo de Bellas Artes e Canal de Isabel II, Madrid), e a mostra Intocable. El ideal de la transparencia (Museo Patio Herreriano, Valladolid).
Santiago de Compostela acogió la celebración de dos manifestaciones en las que agricultores gallegos demandan precios dignos para la leche y ayudas públicas al sector. La división entre los sindicatos agrarios llevó a una doble convocatoria: por un lado la protesta de Unións Agrarias y de Xóvenes Agricultres, y por otra la del Sindicato Labrego Galego.
Presentado en el Museo Provincial el catálogo de fondos digitalizados de la obra de Castelao, que recoge en la web cerca de dos mil dibujos del intelectual galleguista. El catálogo, que puede ser visitado a través de la página web del Museo, pone a la disposición directa de los ciudadanos toda la obra plástica de Castelao custodiada en el Museo de Pontevedra.

