Noticias

El PPdeG anuncia el posible cierre de 12 colegios de la zona rural de Pontevedra, Lugo y Ourense. Presentado el II Plan Galego de FP

El PPdeG critica al Gobierno gallego por anunciar "a bombo y platillo" planes de reequilibrio territorial mientras numerosas familias carecen de un colegio cerca. La Xunta de Galicia presentó el II Plan Galego de Formación Profesional (FP), dotado con 700 millones de euros, y que dará servicio en el ámbito formativo y laboral a 1.300.000 trabajadores, alumnos y profesores de Galicia.

El presidente del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, advirtió de que presentarán mociones de censura en los once ayuntamientos del rural -de Pontevedra, Lugo y Ourense- en los que la Consellería de Educación tiene previsto cerrar doce centros escolares.

En un encuentro en O Incio (Lugo) con padres afectados, el líder de la oposición se mostró partidario de continuar ofertando el primer ciclo de la Educación Secundaria Obligatoria (ESO) en los centros del rural afectados por esta medida porque la supresión de estos centros, que afecta a 300 familias, supondría "problemas de transporte para las familias", entre otros inconvenientes. "Los alumnos tendrán que recorrer hasta 30 quilómetros para desplazarse hasta los colegios", recriminó Feijóo, quien también lamentó que, a causa de los dos trasbordos, los alumnos retrasarán la hora de llegada a sus casas "hasta las 16.00 horas, sin haber comido". Asimismo, el líder de la oposición criticó las actitudes contradictorias de las Consellerías de Educación y Medio Rural y recordó que mientras el departamento de Laura Sánchez Piñón alega que la decisión es inamovible, el responsable de Medio Rural asegura que los colegios no se cerrarán.

Núñez Feijóo, que atribuyó esta situación a las posturas de los diferentes partidos a los que pertenecen los conselleiros de Medio Rural y Educación, anunció la presentación de una "batería" de preguntas en el Pleno del Parlamento y comisiones para que el bipartido explique la situación futura sobre esta cuestión. "El bipartito intenta engañar y confundir a la población y es capaz de decir una cosa y lo contrario según la parte del Gobierno que hable", reprochó el líder de los 'populares', quien también propuso que los ayuntamientos financien profesores de inglés en horas no lectivas.

Además, Núñez Feijóo criticó que esta actitud de la Xunta no encaja con las políticas de reequilibrio territorial que "anuncia a bombo y platillo", al tiempo que "muchas familias" se ven forzadas a abandonar sus domicilios por "la falta de servicios educativos". En esta línea, Feijóo acusó al presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, de "triple incompetencia": por la falta de inversiones educativas, por su incapacidad de ejecutar las iniciativas públicas y por "no mejorar" la situación pese a contar con presupuesto y medios para hacerlo. Por todo ello, el líder de los populares pidió que se sustituya la "incompetencia (del actual Gobierno) por la eficacia" y reclamó un "impulso real y efectivo" en las políticas educativas para la Comunidad gallega.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

“A presentación do II Plan Galego de Formación Profesional supón unha verdadeira aposta do noso Goberno pola cualificación e a formación dos profesionais, pola potenciación do emprego e por situar aos centros formativos e ás empresas galegas na cúpula da excelencia europea”. Así o asegurou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, no acto de presentación do plan, que conta con preto de 700 millóns de euros de investimento e permitirá dar servizo, no ámbito formativo e laboral, a 1.300.000 traballadores, alumnos e profesores de Galicia. No acto de presentación tamén participaron a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e os secretarios xerais de UXT, CIG e CC.OO., José Antonio Gómez, Xesús Seixo e Xan María Castro, respectivamente.

Segundo resaltou Emilio Pérez Touriño durante a súa intervención, o II Plan Galego de FP é “un proxecto pioneiro”, elaborado desde o consenso e conxugando os intereses de todos os axentes sociais e os departamentos autonómicos implicados. “Trátase dun plan aberto, interinstitucional e integrador”. Engadiu “que nace para dar cumprimento aos obxectivos da Estratexia de Lisboa, o Espazo Europeo para a aprendizaxe permanente e tamén do Proceso de Copenhague, que pretende situar a FP europea nuns retos e parámetros comúns de profesionalidade, empregabilidade, competitividade e excelencia”, explicou.

“A formación permanente dos nosos traballadores, a adopción dun sistema de cualificacións plenamente integrado en Europa, así como a mellora do vínculo entre os sectores formativo e produtivo, son algúns dos obxectivos deste novidoso proxecto”, avanzou o máximo mandatario galego ao respecto.

Na súa intervención, o presidente da Xunta amosouse confiado en que o II Plan Galego de Formación Profesional se converta no principal instrumento estratéxico de Galicia para o desenvolvemento das políticas de cualificacións, que dixo, “se deben pór en práctica en estreita colaboración coas políticas de desenvolvemento económico e social e coas políticas industriais e de emprego”. Por iso, engadiu, cada ano o Consello Galego de FP –no que están representados todos os axentes implicados no plan-, axustará a oferta formativa e tecnolóxica en función da demanda produtiva do sector empresarial e da sociedade galega, planificando conxuntamente as liñas de traballo.

Na mesma liña, Pérez Touriño remarcou que un dos puntos fortes do II Plan de FP será precisamente o recoñecemento profesional dos traballadores, de xeito que estes poidan obter unha acreditación oficial da súa competencia profesional, baseada nos anos de experiencia e dedicación.

“Este carné de competencias fará posible que a forza produtiva da nosa comunidade teña un aval da súa vida laboral, o que sen dúbida lles abrirá aos nosos traballadores as portas dos mercado galego, español e internacional”, aseverou Touriño ao respecto. De feito, segundo relatou, o Goberno galego espera acadar con este novo plan os 5.000 profesionais con certificación oficial, xa Galicia é “pioneira na concesión deste tipo de certificacións” e outorgou no pasado ano 2007 preto de 600.

Adecuación á demanda de produción e ao tecido produtivo
Na súa intervención, o presidente da Xunta incidiu en que o plan presentado hoxe tamén inclúe varias liñas estratéxicas que, dixo, “transformarán e incrementarán a calidade e o prestixio da FP na nosa comunidade”. Nestes eixes inclúese a adecuación da oferta formativa ás necesidades e demandas reais das distintas áreas de produción das comarcas galegas, “centrándonos –avanzou Touriño-, nun novo mapa de áreas produtivas funcionais, un mapa actualizado que ten en conta as necesidades, demandas e o desenvolvemento económico de cada zona”.

Así mesmo, o plan atende á oferta nos centros dunha formación integrada no tecido produtivo galego, coa plena implantación da innovación e as novas tecnoloxías, así como a formación do profesorado nos máis altos niveis tecnolóxicos en empresas punteiras, para logo trasladar este coñecemento á docencia e ao mercado laboral real.

“A plena implicación do sector empresarial na FP é un dos puntos fortes deste proxecto”, subliñou o xefe do Executivo galego lembrando que Galicia xa ten experiencias “exitosas” neste eido.

“Con todo este esforzo en innovación, en investigación e en capital humano a FP será, máis que nunca, unha opción de futuro atractiva, renovada e en liña coas novas tendencias de futuro dos mercados laborais”, insistiu Pérez Touriño, quen avanzou que, co novo plan, se espera que o 50 por cento do alumnado curse estudos de FP.

Na mesma liña, incidiu na elevada taxa de inserción laboral que ten na actualidade a FP. De feito, segundo recollen os datos, o 80 por cento do alumnado atopa traballo nos primeiros seis meses, logo de rematar os seus estudos. Non obstante, as previsións que manexa o Goberno galego é que, coa posta en marcha do II Plan de Formación Profesional, esta cifra de inserción laboral se incremente ata o 90 por cento. Nesta liña, Pérez Touriño comprometeu o traballo da Xunta para velar e conseguir que o colectivo de titulados de FP acade o pleno emprego no primeiro ano logo de graduarse.

Xunto con isto, o máximo mandatario galego referiuse a que a administración educativa, en colaboración coa propia Consellería de Traballo, vai fomentar o autoemprego entre o alumnado, a través de empresas simuladas e de técnicas tecnolóxicas integradas nos centros; e que potenciará a actividade da rede de centros integrados de FP, reforzando os vínculos coa empresa (na actualidade Galicia conta con 14 centros integrados).

“Sen dúbida, o Centro de Innovación para a FP que Galicia ten en proxecto suporá un núcleo de referencia para a investigación, a innovación e a creación de transferencia de tecnoloxía”, sinalou Touriño, lembrando que a Xunta espera implantar “definitivamente a cultura da investigación e a innovación nos centros docentes co obxectivo nos próximos tres anos de que o 70 por cento dos centros de FP participen ou desenvolvan proxectos de I+D+i. “Para acadar estes restos que se nos presentan coa posta en marcha do II Plan Galego é necesario reforzar a formación dos traballadores e dos propios docentes”, remarcou Touriño, avanzando que esta iniciativa prevé que no ano 2011 todos e cada un dos docentes de FP teñan participado en actividades de formación.

R., 2008-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (jornada_apyo_empresas.jpg) En el marco de la jornada Medidas de apoio financeiro ás empresas galegas, el titular de la Xunta detalló que, de esos 2.000 millones, la mayoría -unos 1.200 millones- se destinarán a créditos; los avales contarán con 500 millones; las subvenciones, con 130 millones; y las operaciones de capital riesgo, con 120 millones. El objetivo es promover inversiones por valor de más de 3.100 millones.
Foto de la tercera plana (expo_as_nosas_palabras_mund.jpg) La muestra está promovida por el Gobierno gallego para conmemorar el Año Internacional de las Lenguas. En el acto inaugural se puso de relieve que en Galicia no existe imposición linguística y que la promoción del gallego en la educación es fruto del consenso político. La visita a la exposición multimedia se puede realizar en siete idiomas y 25 lenguas.

Notas

A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.
A Xunta posiciónase cos gandeiros e asegura traballar a fondo para salvar as dificultades e conseguir unha estabilidade para o sector leiteiro, considerado estratéxico para Galicia. Pide a activación de medidas concertadas na UE.

Editorial

Abandono no rural: As correntes migratorias dos anos sesenta e setenta, de xeito especial, redu...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información