Noticias

Las tres universidades gallegas colaboran con el Clúster de la Madera en proyectos de I+D+i

Los rectores de las Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela y Vigo firmaron un convenio de colaboración con el Clúster de la Madera de Galicia para involucrarse en el desarrollo de la innovación en el sector. Este acuerdo se traducirá en proyectos de I+D+i, así como en asesoramiento en el desarrollo tecnológico y la realización de prácticas formativas en empresas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:

As Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña asinaron un convenio de colaboración co Clúster da Madeira de Galicia (CMA) co obxecto de involucrarse no desenvolvemento da innovación dentro do sector da madeira. Na sinatura, que tivo lugar na Biblioteca América da USC, participaron os reitores Senén Barro, Alberto Gago e José María Barja, xunto co presidente do CMA, José Blanco.

A colaboración establecida traducirase en proxectos de I+D+i e de asesoramento mutuo na promoción social da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico. Ademais, colaborarán na formación de persoal investigador, na realización de prácticas formativas e na inserción de alumnos en empresas.

Co convenio trátase, matizou Gago, de “responder á demanda sectorial” e de facer visible a disposición do Sistema Universitario de Galicia para asumir compromisos de colaboración, “en particular co entramado público e privado de I+D+i do noso país”. No mesmo senso pronunciouse o reitor da Coruña, para quen se abren unhas posibilidades de colaboración cun sector “de vital importancia” ao que “lle ofrecemos entusiasmo e coñecemento”.

Coincidiu cos seus homólogos Senén Barro ao destacar o potencial das Universidades galegas para calquera ámbito científico-tecnolóxico e económico. “Concretamente, dixo, no sector da madeira as Universidades somos un parceiro non só interesante, senón necesario”.

Por outra banda, e como explicou José Blanco, a cooperación centrarase en proxectos de innovación no marco do Plan Estratéxico Operativo da Madeira (POMA) que executa o Clúster da Madeira de Galicia e que obtivo a cualificación de “Excelencia” do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

O POMA é unha ferramenta desenvolvida pola industria da madeira que ten como obxectivo conseguir un crecemento sostido que duplique a achega do sector á economía de Galicia no prazo de 10 anos. Para iso estableceron catro áreas prioritarias de actuación como son management e recursos humanos; excelencia operativa; marketing e internacionalizacion; e innovación tecnolóxica e deseño.

O Clúster da Madeira constituíuse en 2001 e actualmente agrupa a 60 empresas galegas vinculadas con toda a cadea da madeira. O seu obxectivo é aumentar a concorrencia do sector e promover a cooperación dentro do sector da madeira.

En 2007, a facturación do sector ascendeu a 2.419 millóns de euros, un 5,6% máis que o ano anterior, e o emprego directo a 26.000 postos de traballo. Por emprego xerado, a madeira lidera a actividade industrial na metade das comarcas de Galicia.

R., 2008-04-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (ciudad_cultura_torres_1.jpg) La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Foto de la tercera plana (usc_homenaje_voces_ceibes_p.jpg) Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

Notas

A Rede Neurona está formada por 17 plataformas tecnolóxicas sectoriais e agrupa a máis de mil empresas dos principais sectores da economía galega. Enténdese como un exemplo na implantación da innovación exportable a outras rexións.
Punta Arnela convírtese nun ruxe-ruxe de motores xa que alí vai ter lugar a 14º edición do Slálom Fimo, última das probas destas características patrocinada polo Concello e organizada pola Escudería Automobilística Ferrol do ano.

Editorial

Algo falla en Internet: En Galicia algo falla cando en Internet retrocedemos en lugar de avanzar. ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información