Noticias

Óscar Bastos, ganador de la etapa de Lugo de la Volta ás Comarcas

El gallego Óscar Bastos (Froiz) gana la etapa de Lugo de la Volta ás Comarcas-Gran Premio Deputación que sigue liderando Pol Nabben.

Nota de prensa remitida por VCL:

A segunda etapa da “I Volta Ciclista as Comarcas de Lugo-Gran Premio Deputación”, con saída e chegada en Lugo, aportou a primeira victoria galega, tras impor a súa velocidade o porriñés Oscar Bastos (Supermercados Froiz) sobre o ciclista do Palazzago italiano Alessandro Mazzi. O conxunto de Poio, dirixido por Evaristo Portela, tamén foi o mellor da xornada.

Ademáis de Bastos, cabe salientar a entrada en meta entre os dez primeiros do galego Borja Calviño (Frisonoble), que deste xeito mantense unha xornada máis como líder da Clasificación dos Galegos, pasando ademais do 8º ó 7º posto da xeral.

Outro galego, o do Cidade de Lugo Jesús M. González cruzou a meta 14º -co mesmo tempo que Borja- e pasa do 15º ó 9º posto da xeral. Esta etapa non provocu grandes cambios nos lideratos das clasificacións xerais, mantendo o holandés do Diputación de León Pol Nabben o liderato da proba, ó igual que a clasificación da Montaña segue estando encabezada por Stefano Pirazzi (Palazzago). Na que sí hai estrea de líder é na das Metas Voantes, pasando a estar encabezada polo ciclista do Sanse Spiuk José A. Rodríguez, que facía segundo en Castro Riberas de Lea e en Rábade, superando deste xeito por un punto a Tuychitev (Palazzago), o home que estreou onte o liderato da citada clasificación. O Sub 23 Víctor Cabedo (Saunier Duval) mantense tamén como o mellor entre os máis xoves, compartindo cos seus compañeiros, por segundo día, o liderato por equipos,

Película da etapa

As inmediacións da Deputación de Lugo acolleron a saída de etapa, portagonizando o corte de cinta inicial o Vicepresidente do organismo, Xosé Antón Bao. A choiva foi a principal protagonista dunha xornada na que se produciron numerosos intentos de fuga, pero na que dictou sentenza o único alto da xornada (Viña), xa que no seu comezo o pelotón estaba agrupado. O repeito fixo que o grupo se partira, aínda que entre o primeiro e o 16º a diferenza máxima foi de 12 segundos en meta, xogándose a victoria ó sprint o galego Oscar Bastos (Froiz) e o ciclista do Palazzago italiano Alessandro Mazzi. O porriñés foi o que finalmente se levou o gato á auga.

Etapa decisiva

A terceira e derradeira etapa da Volta, con saída (10:30 horas) e chegada na avenida Arcadio Pardiñas de Burela, conta cun total de 127 kilómetros, un alto de terceira (Couboeira-km. 46) e un de segunda (Cadeira-km. 63). As metas voantes da xornada estarán en San Ciprián (km. 9) e Ribadeo (km. 93). Despois da segunda etapa, non se pode dicir que a Volta esté decidida, xa que entre os 20 primeiros hai unha diferenza máxima de 1:29, non excesiva tendo en conta o perfil da etapa. Ademáis, cabe salientar que son 13 os equipos que teñen presenza neses 20 primeiros postos, algúns con máis dun corredor, como ñe o caso do Saunier Duval, o Palazzago ou o Diputación de León. Polo tanto, pódese dicir que será a etapa decisiva.

CLASIFICACIÓN DA ETAPA:
1º- Oscar Bastos (Super Froiz) 3:03:59
2º- Alessandro Mazzi (Palazzago) m.t.
3º- Mario de Sarraga (Const. Paulino) a 4 seg.

CLASIFICACIÓN XERAL:
1º- Pol Nabben (Diputación de León) 06:29:42
2º- Angel Vallejo (Super Froiz) a 29 seg.
3º- Víctor Cabedo (Saunier Duval) a 41 seg.

CLASIFICACIÓN MONTAÑA
1º- Stefano Pirazzi (Palazzago)

CLASIFICACIÓN METAS VOANTES
1º- José A. Rodríguez (Saunier Duval)

CLASIFICACIÓN PRIMEIRO GALEGO
1º- Borja Calviño (Frisonoble)

CLASIFICACIÓN SUB 23
1º- Víctor Cabedo (Saunier Duval)

CLASIFICACIÓN EQUIPOS
1º- Saunier Duval.

As clasificacións completas poden consultarse en www.voltaascomarcasdelugo.com

R., 2008-05-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (zapatero_tourino_mitin.jpg) El presidente del Gobierno y secretario general del PSOE, Rodríguez Zapatero, viaja el domingo 11 de enero a Ourense para participar en su primer acto de precampaña de las elecciones autonómicas gallegas del 1 de marzo. Feijóo encabezará la candidatura por Pontevedra para "visualizar" la "confrontación directa" con Touriño. Dice que la renovación marcará la confección de las listas.
Foto de la tercera plana (festival_iberojazz_09.jpg) A Coruña acoge del 15 al 31 de enero la cuarta edición del Festival Iberojazz. Se presentan las últimas novedades musicales en este género en distintos escenarios como el Forum Metropolitano, el Teatro Rosalía o pubs de la ciudad. Zé Eduardo, Jorge Pardo o El Bola, entre los artistas invitados.

Notas

A evolución da prensa e o papel que xogou o nacionalismo galego ao longo do século XX foi un dos eixos vertebradores da exposición da catedrática de Comunicación Audiovisual da USC. A charla enmárcase no ciclo de conferencias A Galiza das Irmandades: Unha perspectiva actual.
Do 10 ao 31 de xaneiro exhíbense os traballos presentados na Capela da Madalena de Arzúa. O xurado valorará especialmente a creatividade. O cuarto premio elexirase por votación popular.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Difícil papeleta en Fene: Todos sabemos que as administracións, eminentemente ordenancistas, teñen unh...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información