Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:
Investigadores da USC deseñan unha aplicación, denominada Forecasting e desenvolta en software libre, que detecta asociacións entre o contido de noticias financeiras e as variacións significativas da cotización de accións no IBEX35. Aínda que actualmente é un prototipo, a ferramenta servirá para facer predicións a curto prazo sobre o movemento das accións en Bolsa e poderá adaptarse ao eido internacional, ampliando así a súa utilidade.
A iniciativa é unha novidade total no ámbito financeiro español e senta as bases tecnolóxicas e de modelado dunha aplicación capaz de competir con éxito neste eido.
Seguindo unha orde temática, Forecasting organiza as noticias financeiras recuperadas das versións en liña dos principais xornais do eido e analiza o seu contido mediante técnicas de intelixencia artificial de filtrado semántico. Isto permite recoñecer a información máis relevante que poda afectar ao valor dunha determinada acción en Bolsa.
O uso de técnicas intelixentes, coma son os conxuntos borrosos ou a computación lingüística, fanse necesarias para filtrar o volume inxente de información dispoñible (ata 300 noticias por hora) e para facer unha selección fiable. Cando se identifican os datos importantes sobre unha acción, outro módulo do sistema cruza esta información en tempo real coa cotización da mesma no IBEX35.
Realizado pola estudante de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas María Dolores Corzón Leises, o estudo é o seu proxecto fin de carreira que leva o título ‘Recuperación temática de noticias financeiras e a predición de tendencias a curto prazo en mercados de accións’. O traballo dirixírono os investigadores Félix Díaz Hemida e Ronald Teijeira Fernández, do Grupo de Sistemas Intelixentes da USC, no que xa se está a pór en marcha unha nova liña de investigación sobre a cuestión.
La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

