Noticias

La Xunta prevé emitir 300.000 recetas electrónicas en Galicia hasta finales de 2008

Un total de 45 municipios gallegos dispondrán del servicio de receta electrónica: la Xunta estima que hasta finales de 2008 se emitirán 300.000. El presidente del Ejecutivo gallego destacó que lo «pionero» de este sistema con respecto a los que ya se han puesto en marcha en Cataluña y Andalucía es «su carácter integrado».

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, ha anunciado que, desde este momento y hasta finales de año, se emitirán 300.000 recetas electrónicas en un total de 45 municipios de Galicia. Touriño ha visitado el centro de salud y una farmacia del municipio coruñés de Miño, pionero en la implantación de este sistema, donde estuvo acompañado por la conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal; y la presidenta del Colegio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña, Rosa Lendoiro, entre otros.

El líder de la Xunta destacó que lo «pionero» de este sistema con respecto a los que ya se han puesto en marcha en Cataluña y Andalucía es «su carácter integrado», ya que abarca «todos los puntos del proceso de atención al paciente» lo que, a su juicio, posibilita «la reducción de tiempos y la mejora de la eficacia».

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, subliñou que a posta en marcha da receita electrónica supón un gran avance na creación dun sistema integral de asistencia sanitaria, modelo no que traballa o Goberno galego para “impulsar e mellorar a calidade asistencial sistema público de saúde”. O máximo mandatario autonómico, xunto coa conselleira de Sanidade, María José Rubio, presidiu esta mañá en Miño a posta en marcha do Sistema de Dispensación da Receita Electrónica, unha ferramenta que, segundo avanzou, permitirá incrementar nun 30% “o tempo dispoñible para “a atención médica directa dos pacientes”.

Pérez Touriño destacou a importancia de contar cun soporte informático “que integre todos os pasos do sistema”, o que permitirá, dixo, “gañar en calidade, en operatividade, e en eficacia”. Nese sentido, puxo en valor a colaboración co Servizo Galego de Saúde dos colexios de farmacéuticos das catro provincias, así como das empresas de tecnoloxías da información implicadas na e-receita.

O titular da Xunta resaltou que a receita electrónica, que xa se dispensa nas tres oficinas de farmacia de Miño, e a semana que vén empezará a utilizarse en Salceda de Caselas ata chegar a 45 concellos neste ano, reporta múltiples beneficios para todos os implicados. Así, en relación cos pacientes, o presidente da Xunta salientou que “os enfermos crónicos, e polo tanto con pluralidade de medicación, eviten desprazamentos para buscar receitas”, xa que o sistema permite dispensacións por un máximo anual, “que despois o médico regula”. Pérez Touriño indicou que deste xeito “se gaña en tempo, comodidade e seguridade”.

En declaracións ao medios, o xefe do Executivo galego salientou que a receita electrónica “integra todos os puntos do sistema”, tanto a rede de farmacia como os centros de distribución, os centros de saúde e os hospitais. Indicou que a e-receita se integra dentro da historia clínica electrónica, que en Galicia “é a máis completa de todas as Comunidades Autónomas”. Coa incorporación da receita electrónica, a historia clínica disporá, asegurou o presidente da Xunta, “dunha información completa, integral e veraz que dá seguridade e operatividade, ao tempo que reduce os tempos e mellora eficacia”. Nese sentido, apuntou que as oficinas de farmacia poderán contar agora cunha “capacidade de xestión, de manexo de stocks e de reposición da que antes carecían”.

O presidente galego informou de que o Goberno galego prevé que ata finais deste ano se dispensen 300.000 receitas electrónicas ao mes, logo da implantación progresiva do sistema en 45 concellos e 165 oficinas de farmacia. En total, calcúlase que 220.000 galegos poderán beneficiarse xa da receita electrónica antes de rematar o ano.

O sistema de dispensación da receita electrónica prevé vantaxes para todas as partes implicadas: tanto para os pacientes, como para os familiares, os coidadores, os farmacéuticos, os colexios oficiais de farmacéuticos e os médicos.

No caso concreto da poboación, este sistema permite: reducir os trámites aos pacientes crónicos, que poderán acudir directamente á oficina de farmacia para que lle dispense a súa medicación, sen necesidade de volver ao médico para novas receitas, podéndose prescribir medicación ata para un ano de duración; facilita a xestión de receitas en pacientes polimedicamentados, evitando a perda de receitas; mellora a calidade da atención sanitaria, con máis garantías no seguimento do paciente; e reduce os desprazamentos e o número de visitas para renovar receitas.

Con este sistema, ademais, o médico dispón dun 30% máis de tempo para dedicar ao diagnóstico e ao tratamento dos pacientes, coa conseguinte desconxestión dos centros e mellora da calidade asistencial. Así mesmo, a nova medida permite coñecer de inmediato o historial fármaco-terapéutico do paciente e a resposta aos tratamentos, facilita a toma de decisións e incrementa a seguridade no uso dos medicamentos, ao explicitarse os diferentes tratamentos que está seguindo o paciente; as posibles interaccións entre medicamentos; cales son as doses recomendadas en relación ao peso e á idade; os riscos ou precaucións para embarazadas, nais en período de xactancia, deportistas...; se existe un historial de intolerancia ou de alerxia aos medicamentos; se existe algunha situación de alerta farmacolóxica; ou se a medicación está sendo recollida na farmacia con regularidade. Así mesmo, o sistema de receita electrónica achega novas canles de comunicación entre os profesionais, médicos e farmacéuticos, que permitirá solucionar, de xeito inmediato, problemas puntuais que se puidesen presentar. De igual xeito, o rexistro de datos permite realizar a facturación das receitas de xeito electrónico, simplificando o procedemento actual ao reducir a burocracia.

Por último, a receita electrónica tamén supón vantaxes para o Servizo Galego de Saúde e para os Colexios Oficiais de Farmacéuticos, dado que potencia o uso racional dos medicamentos; anticipa a información da prestación farmacéutica sen necesidade de esperar á facturación; simplifica o proceso de facturación; reduce a burocracia e mellora a transparencia; integra o acto farmacéutico na rede sanitaria; reduce anulacións e incertezas ante substitucións entre medicamentos e incrementa a aproximación ao paciente.

Plan de Tecnoloxías da Información e Comunicación da Sanidade
A prescrición e dispensación electrónica de medicamentos recóllese no Plan de Tecnoloxías da Información e Comunicación da Sanidade Galega 2006-2009, que é a ferramenta de innovación para optimizar a xestión dos centros e prestar á cidadanía uns servizos sanitarios de calidade.

O plan conta cun investimento de 150 millóns de euros e inclúe, ademais do sistema de prescrición e dispensación electrónica, o Rexistro Galego de Tumores (REGAT); a Historia Clínica Electrónica Única (IANUS), implantada en todos os hospitais e en 365 centros de saúde, con máis de 3.500 profesionais acreditados, que é un elemento de conexión entre Atención Primaria e Especializada, que permite consultar e rexistrar a información, independentemente do centro sanitario onde se xere; e a imaxe médica dixital, que xa está dispoñible en 10 hospitais, o que supón o 70 por cento da imaxe xerada, con 4 millóns de estudos dixitalizados.

R., 2008-10-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (ciudad_cultura_torres_1.jpg) La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Foto de la tercera plana (usc_homenaje_voces_ceibes_p.jpg) Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

Notas

A Rede Neurona está formada por 17 plataformas tecnolóxicas sectoriais e agrupa a máis de mil empresas dos principais sectores da economía galega. Enténdese como un exemplo na implantación da innovación exportable a outras rexións.
Punta Arnela convírtese nun ruxe-ruxe de motores xa que alí vai ter lugar a 14º edición do Slálom Fimo, última das probas destas características patrocinada polo Concello e organizada pola Escudería Automobilística Ferrol do ano.

Editorial

Algo falla en Internet: En Galicia algo falla cando en Internet retrocedemos en lugar de avanzar. ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información