Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, mantivo unha primeira reunión de traballo coa comisión xestora do Clúster TIC de Galicia na que lle expuxeron as súas futuras liñas de actuación con vistas a converter este Clúster no punto de referencia ineludible dentro do sector na comunidade. Neste sentido, Pereira amosou o “máximo apoio da Xunta” para darlle pulo a esta iniciativa. “Ten que ser un instrumento de interlocución da Administración Pública có sector TIC, ata o punto de que falar co Clúster será falar co sector”, engadiu.
Así, a Xunta busca dotar do máximo protagonismo posible a este clúster que aprobou os seus estatutos en marzo deste ano, e no que participan as empresas, asociacións empresariais, os colexios e asociacións profesionais e outros axentes relacionados coas TIC. O obxectivo común do clúster é o de desenvolver estratexias que faciliten o asentamento das compañías do sector, así como para achegar á sociedade as tecnoloxías da información e da comunicación. “Trátase da integración de todas as empresas do sector TIC en Galicia, que se agrupan para aproveitar sinerxías, propor proxectos e compartir coñecementos”, explica Pereira.
A xuntanza mantida supón un paso máis para avanzar no obxectivo do clúster de consolidarse como interlocutor da Xunta co empresariado do sector no que se refire ás políticas tecnolóxicas. Neste senso, Mar Pereira, amosoulles a súa convicción de que unha cooperación ben estruturada é un dos instrumentos fundamentais para mellorar a competitividade nas empresas e pór en marcha novos proxectos, especialmente nas pequenas e medianas empresas”.
Para que todo isto sexa posible, na reunión concluíronse os pasos necesarios a dar nas próximas datas, e que pasan por “convocar a asemblea xeral e, a partir de aí, que haxa eleccións para os órganos de dirección”. Co cumprimento destes prazos, no 2010 poderanse trazar xa as liñas estratéxicas do Clúster TIC de Galicia. Unhas liñas que, en calquera caso, perseguirán os fins constitutivos da asociación, que se encamiñan a potenciar as accións de desenvolvemento das empresas, xerar mercados de alianzas que eleven o nivel competitivo dos produtos e servizos galegos nos mercados estatais e internacionais, establecer convenios de financiamento, favorecer o desenvolvemento tecnolóxico, optimizar as infraestruturas , representar ao sector TIC galego e promover o asociacionismo empresarial.
La compraventa de viviendas cayó un 27,4% en 2011, con respecto a la cifra alcanzada en 2010, en Galicia, hasta las 16.390 operaciones, con lo que revierte el resultado del año pasado en el que las compras crecieron un 6%, de acuerdo con los datos publicados por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
Guillerme Vázquez (BNG) ha instado a los miembros de su partido que consideren que su proyecto ya no es esta formación política a que tomen la decisión sobre su continuidad "cuanto antes". Pachi Vázquez (PSdeG) ha pedido a sus compañeros de partido ser "pragmáticos" y "cerrar cuanto antes el debate orgánico".
