
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia Primera de la Diputación Provincial de Lugo:
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, mailo delegado de Cultura e Deporte, Antonio Veiga, presentaron na sala de exposicións do Pazo de San Marcos a XXXII edición do Rallye San Froilán, proba puntuable para o Campionato Galego de Rallyes, que se disputará a fin de semana do 4 e 5 de setembro. Antes de que comezase o acto, os presentes visitaron a exposición que tiña lugar diante da Deputación, onde podían verse algúns dos coches que este ano participarán na proba. Ademais de Antón Bao e Antonio Veiga, estiveron Carlos Iñiguez, presidente da Escudería Miño, José Vázquez Portomeñe, subdelegado do Goberno en Lugo, José Carlos Rodríguez Andina, xefe territorial de Cultura da Delegación da Xunta en Lugo, Iván Corral Perez, presidente da Federación Galega de Automobilismo, José Manuel Díaz Grandío, concelleiro de Turismo e Deportes de Lugo, José Pardo Lombao, alcade-presidente do Concello de Outeiro de Rei, Serafín Otero Paredes, primeiro tenente alcalde do concello de Begonte, José A. Ferreiro González, alcalde-presidente do Concello de O Corgo e Avelino Basanta, presidente da Asociación Basanta Sport. Ademais, tamén estiveron presentes Pedro Burgo, Sergio Vallejo, e Adrián Díaz, que a vindeira fin de semana participarán na proba.
Na súa intervención, tanto Bao como Veiga deron os parabéns á escudería Miño-Lugo polos anos que leva traballando na promoción deste Rallye. O vicepresidente da Deputación afirmou que este evento debe ser apoiado en todo momento polas institucións, “xa que o automobilismo lucense conta non só con importantes pilotos e un importante número de participantes a pesares da crise, 124 este ano, senón tamén con moita afección”. Explicou que “o Rallye San Froilán é unha proba histórica que este ano acada a súa XXXII
edición, e por ela teñen pasado os mellores pilotos da esfera nacional e estatal”. Veiga manifestou que “para nós é un orgullo que este Rallye xa se teña consolidado, e tamén o é que compitan tantos pilotos lucenses”. De xeito simultáneo á presentación, fíxose un percorrido histórico polas 32 edicións do Rallye e das variacións que sufriu a proba en diversos aspectos, xa que chegou a ser unha das probas do calendario de Rallyes de España e disputouse polas comarcas lucenses da Terra Chá, Lugo ou Meira.
La compraventa de viviendas cayó un 27,4% en 2011, con respecto a la cifra alcanzada en 2010, en Galicia, hasta las 16.390 operaciones, con lo que revierte el resultado del año pasado en el que las compras crecieron un 6%, de acuerdo con los datos publicados por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
Guillerme Vázquez (BNG) ha instado a los miembros de su partido que consideren que su proyecto ya no es esta formación política a que tomen la decisión sobre su continuidad "cuanto antes". Pachi Vázquez (PSdeG) ha pedido a sus compañeros de partido ser "pragmáticos" y "cerrar cuanto antes el debate orgánico".
