Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Herdeiros

viernes, 28 de octubre de 2005
Catro -que son tres- son os herdeiros de Manuel Fraga que deben disputarse o dereito de primoxenitura.

Nesta ocasión, sí, hai que disputar ese dereito que noutros tempos se concedía graciosamente por parte do patriarca, ou viña dada polo calendario.

Así foi cando Manuel Fraga cedeu a presidencia nacional da agrupación por el creada, que acadou aquel Hernández Mancha de feble apariencia que os acontecementos e o tempo arrollaron non só fisicamente senón mesmo en canto á súa lembranza se refire.

Así foi cando José María Aznar fixo cabeza visible do Partido Popular a Mariano Rajoy, retirándose en loor de multitude, aínda que a retirada se veu traxicamente marcada polos atentados de Madrid, alterando radicalmente o previsible resultado.

Nesta ocasión, o compromiso é máis grande; demasiado grande. E aínda que unha decisión do Presidente do PP galego, en tempo e forma, non houbese provocado ningún tsunami político, o certo é que en previsión de maiores males optouse por unha solución democrática dentro do que cabe, e serán os dous mil compromisarios do Partido Popular os que opten polo acatamento disciplinado a todo o que diga Madrid, o "seny" moderado, racional e de centro, ou o modelo galeguista (de boina ou de muiño), que marque distancias de Xénova e dos xenoveses.

Nesto temos os galegos unha certa tradición no campo familiar: Todos son fillos pero só un deles vai herdar a casa petrucial. Razonablemente era o máis vello, pero para eso tiña que casar na casa. Tiña que establecer unha liña de vencello co pasado, garantir o futuro coa súa descendencia, e deixar afirmada a continuidade da casa familiar. Ese era o herdeiro, o da mellora, o que tería que cuidar dos vellos da casa, o que recibía a maior proporción dos bens familiares; o que "quedaba na casa".

O resto dos herdeiros deberían buscarse a vida na milicia, na relixión ou no matrimonio fóra. Só para un había acomodo no fogar tradicional.

Galicia, apegada á tradición, non parece que vaia ter dous herdeiros, senón que será un morgado e dous segundóns que terán que buscar acomodo baixo a protección do primoxénito ou pasar á milicia, á vida monástica ou ó retiro.

Tempo ó tempo. Por agora, os herdeiros son tres. A sucesión é unha letra a noventa días vista.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES