Carteiros
lunes, 31 de octubre de 2005
Hai temas cíclicos, que xorden cando determinadas circunstancias posibilitan ou esixen a súa aparición. E cando a situación non se arregla pacificamente, o conflicto estoupa xeralmente a xeito de folga.
A progresiva subida dos carburantes é a última gran disculpa para as alteracións sociais.
Primeiro foron os camioneiros e transportistas en xeral que denuncian que estes carburantes subiron un corenta por cento nos últimos tempos, e precisan repercutir tales subidas nos importes que perciben polo seu traballo.
Logo, os traballadores da mar, que nos seus buques pesqueiros sofren o mesmo problema, e o pescado segue a ser caro, cada vez máis, porque as viaxes para buscalo saen moito máis caras polo custe do gasóleo.
En ámbolos dous casos, arbitráronse solucións -logo de folga, perxuicios, diálogos e resolución oficial- que máis ou menos deixaron satisfeitas ás partes.
Agora veñen os carteiros, profesionais ó servicio de Correos, que deben aportar os seus vehículos para efectua-lo traballo, e dos que os sindicatos denuncian que estes coches hai que vencelos ós cinco anos, con 250.000 km. e logo de percibir únicamente 0,19 por kilómetro recorrido.
A ollos dun profano pode parecer que aínda non hai queixa porque se un coche de carteiro andivo en cinco anos 250.000 kilómetros, este percibiu 47.500 como compensación, cifra que xa non parece tan pequena.
Seguro que os carteiros tamén teñen razón nas dúas reivindicacións, porque as subidas son para todos, e afortunado é o que pode repercutir este custo.
E faltan os labregos, que xa amenazaron con sacar os tractores, e boa experiencia temos da capacidade de bloqueo que ten a numerosa flota de vehículos agrarios que en Galicia hai.
Independientemente de que lembremos o inerme que queda o coductor ou conductora de a pe que non ten máis remedio que pechar coas consecuencias das subidas, temos que pensar que algo falla cando determinados temas como as subidas do gasóleo, que directa ou tanxencialmente afectan á Administración, non están previstas a efectos de repercusión e de mantemento dos niveis económicos conseguidos por cada sector.
Que os diversos axentes sociais se mobilicen cando sufren agresións, parece lóxico e lícito aínda que causen graves danos ó tecido social. Pero a Administración non pode quedarse impávida, agardando que xurdan os conflictos para logo apagalos a caldeiros.
Agora, os carteiros. Que parece danan menos ca os transportistas que desplazan productos de primeira necesidade, pero son imprescindibles para un funcionamento normal da nosa sociedade. A súa carencia farase sentir nos próximos días. Entón, os nosos gobernantes, reaccionarán.
Algo cheira a vello neste país. Algo, pois, debe ventilarse e cambiar.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora