Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Asturias: Que delicia!

martes, 18 de febrero de 2014
Asturias: Que delicia! Era o día 12 de febreiro do ano 2014, cando a Uned Sénior de Xestoso se dirixía a Asturias polo Camiño Norte acompañada polo Coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño.

Seguindo a rota do Ferrocarril de Vía Estreita, como se dunha viaxe turística se tratara; nada máis entrar en territorio asturiano xa se notaba a diferencia da paixase galonada por casas de indianos, paneras nas casa de labranza, verdes e extensas pradeiras poboadas de vacas, ovellas e moitos cabalos, ríos farturentos debido ás choivas dos días pasados, onde os pescadores poderían face-lo seu agosto supoñendo que fora tempo de pesca. As montañas mostraban o seu gorriño de branca neve que lles daba un toque de especial beleza.

Xa na capital do Principado, fixemos a primeira parada no Complexo Prerrománico de Santa María do Naranco, situada na aba meridional do monte ó que lle debe o seu nome: un antigo pazo de dous pisos de dimensións considerables (20x6x9) declarado Patrimonio Mundial da Humanidade no ano 1985.

No cumio do monte había unha imaxe que ben podería representar un Sagrado Corazón, pero a lonxanía non permitía velo con claridade.

Ó lonxe os picos nevados poñíandlle cor invernal á paisaxe, aínda que o astro rei nunca nos abandoou, Unha estampa perfecta: sol no val e neve na montaña. ¡Unha preciosidade, un regalo para a vista e un pracer para o corpo!

O segundo centro de interese estaba na capital do Principado: Oviedo, onde visitamos a Santa Igrexa Basílica Catedral Metropolitana de San Salvador de Oviedo, de estilo gótico situado nun antigo solar dun complexo prerromano do século IX; que foi construída entre os séculos XII-XVI ; por eso contén varios tipos de estructuras:

-Prerrománica na Cámara Santa, declarada Patrimonio Mundial da Humanidade onde se atopan: a Cruz da Victoria e dos Anxos, a Caixa das Ágatas e a Arca Santa que contén o SANTO SUDARIO.
-Románico nas bóvedas da Cámara Santa.
-Renacentista no remate da torre.
-Barroco no deambulatorio, na capela do Rei Casto e noutras capelas.

Fruela I, que naceu en Cangas de Onís no ano 722, apodado “home de ferro”, fillo de Alfonso I e de Ermesinda; mandou construí-la catedral con doce altares adicados ós doce apóstolos que foi saqueda e destruída polas tropas musulmanas no ano 794. Tamén reformou o clero, prohibindolle o acceso ó matrimonio, e fundou varios conventos da Orde de San Bieito, entre eles a de San Vicente de Oviedo que deu lugar a cidade do mesmo nome.

Ó outro lado da ampla Praza estaba unha escultura adicada á novela de Leopoldo Alas “Clarín”: A Regenta que foi publicada en 1854 en Barcelona producindo un verdadeiro escándalo, sobre todo en Oviedo. O bispo de turno publicou una pastoral en contra por que trata da emacipación da persoa a través da cultura, incluiía a muller. Por eso fixo unha crítica mordaz aducindo razón relixiosas.

¡Canto nos queda por aprender..!
Ó día seguinte tocaba: COVADONGA no Monte Auseva.
O río Sella mostrábase ó límite de caudal como para practicar deporte de risco e de aventura.

Covadonga é un lugar con raíces históricas onde contan as crónicas que foron vencidas as tropas musulmanas grazas a intervención da “Santina” que estivo a favor de Don Pelaio. A verdade é que o lugar prestábase: os que estaban polo lado de abaixo tiñan moitas posibilidades de perde-la batalla porque a orografíaa do terreo era propicia.

Na entrada podemos observar como os Leóns do Pasatempo de Betanzos desexaben volver ó seu lugar do orixe, pero non sei porque me parece que non lles van dar permiso. De vez en cando teremos que ir alí para facerlles una visita.

Na esplanada éguense varias edificacións.
-O lugar de aparción da Virxe na gruta.
-A Basílica da Nosa señora de Covadonga rematada no ano 1901..
-A Casa de exercicios.
-A Escolanía.
-A Casa de Pedro Poveda que foi coengo durante sete anos naquel Real Sitio.
-Algúns hoteis e tendas de recordos e outros.
A parte das razón históricas, o lugar goza dunha extraordinacia beleza por pertencer ó Parque natural dos Picos de Europa: 64.000 Hectáreas de terreo formado por montañas o numerosa covas que dan lugar ó nacemento de numerosos regatos formando una paisaxe laberíntica con afiados cumes poboados de matorrais, pradeirías, e abundante vexetación: faia, carballo, castaños, pino, budio; onde viven e conviven insectos, anfibios, reptís, corzos, cervos, raposos, lobos, osos, pitas do monte, aguia real, buirtre leonado, azor e outros; aínda que tan só se deixou ver un raposo que circulaba a toda velocidade en canto viu a presenza de humanos.

No cumio, a 1100 metros de altura: insatalacións para o turismo invernal e dous preciosos e xélidos lagos: Enol e Ercina que se nos presentaron vestidos de gala con neve debaixo dos nosos pés e sol para acariciarnos o noso rostro. Desde alí divisáabanse os pobos de montaña así como as cabanas dos pastores onde se resgardan e fan os sabrosos queixos que fermentan nas covas.
Pola tarde tocaba Villlaviciosa e a súa industria máis destacada: a sidra e outras variedades derivadas da mazá. Loxicamente non podía faltar a desgustación coa coseguinte publicidade e consumo. Todo moi ben estudiado.

Ó día seguinte esperábanos Gijón que nada máis entrar xa nos recordou á Zona de Riazor de ACoruña pola súa semellanza coa igrexa de San Pedro que se correspondía coa das Escravas de a Coruña.

Pero o máis importante de Gijón non é a súa semellanza con Riazor, senón O Museo do Pueblo Asturiano, a súa Feira de Mosstras, a Univerdidade Laboral e o seu casco antigo por onde pasa o Camiño do Norte e onde podemos encontrar:

-A Casa de Jovellanos. Gaspar Melchor de Jovellanos que naceu naquela cidade o día 5 de xaneiro do ano 1744 e despois de 67 anos de dilatada e productiva vida, faleceu en Pravia no ano 1811.

Foi o personaxe máis ilustre de historia de Gijón: escritor, xurista, político…

A Praza do Marqués onde se atopan o vetusto Palacio de Revillagigedo do século XVIII onde se fan exposicións temporais e o monumento ó Rei Pelaio onde podemos ler o seguinte:
“No preguntes viajero que cuanto hace Gijón, dirás bien que es agradecida, cuenta que es generosa. Así fuimos grandes, superamos a todos los pueblos gracias al santo signo de la CRUZ que te muestra. Esta enseña de CRISTO venció y vencerá por los siglos, ceñido con estas armas, emprende viajero el Camino”
A poucos metros encóntrase a Casa do Concello e un pouco máis adiante as escavacións dos BAÑOS ROMANOS na entrada da igrexa de San Pedro.

Nun café da zona puidenl er nun xornal local chamado Asturias que o Centro Asociado da Uned mostrábase agradecido a través do seu director porque aumentou a matrícula nun 5% e o presuposto nun 11%. Tamén informa que o 57% do alumnado pertene ó xénero feminino e o 43% ó masculino, sendo a idade media de 38 anos.

Para despedirnos de Gijón, un cartel informaba de que é a segunda cidade en obte-lo calificativo de Biosfera Responsable de Turismo. Así nos depediu Gijón con 19º ás 11 a.m.

Un pouco máis tarde recibíanos cun vento lixeiro e fresco e unha temperatura de 22º: San Esteban de Pravia catalogado como “Conxunto Histórico Industrial” pola súa aportación ó comercio da madeira de Munielles, do carbón das Reales Minas de Langreo e as Armas deTrubia, a través do Río Nalón no século XVIII.

As obras de canalización do Nalón, correron a cargo de Fernando Casado de Torres e a adaptación do porto con esclusas a cargo de José Muller en 1797.

Para remata-la viaxe, una paradiña en Cudillero, pobo mariñeiro que nos ensina a daministarnos cando temos poucos recursos, tal é o caso do terreo edificable daquel pintoresco lugar.

De volta en Galicia: nubes, choiva e portas abertas onde chegamos algo cansados per felices e contentos.

(MERCEDES CACHAZA PLATAS, colaboradora de www.galiciadigital.com, é Alumna da Uned Sénior de Xestoso
Aula de PADERNE - A Coruña)
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES