Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contra o clero vasco

miércoles, 05 de marzo de 2014
Contra o clero vasco Nos anos sesenta, un grupo de cregos revolucionou Ferrol, o núcleo máis revolucionable de Galicia con miles de obreiros que constituían unha importante preocupación para o réxime, e parecían unha forza imparable ata que foron dramáticamente frenados nos sucesos de 1972 cando, na Ponte das Pías, morreron por disparos da policía os xa lexendarios Amador e Daniel.

Eran cregos que facían apostolado entre os obreiros, mariñeiros, prostitutas; xente non atendida pola Igrexa oficial, que -se falamos de lucenses, chairegos- se chamaban Xosé Chao Rego, que ía para bispo pero esta militancia popular o apartou do bispado, Bernardo García Cendán, Xaquín Campo, e naturalmente, Anxo Currás.

Anxo Ferreiro Currás, naceu en Boizán de Vilalba en 1935, fíxose crego, e foi ordenado en Vilalba no Congreso Eucarístico de 1960 polo entón bispo mindonientes, Jacinto Argaya.

O crego Currás foi sometido a xuizo polo Tribunal de Orden Público, participou en “Cristianos por el Socialismo”, foi profesor de autoescola, deixou a parroquia en 1992, e casou no 94 coa galega Rosa Cal, profesora de xornalismo en Madrid.

Non hai moito tempo presentouse en Lugo o libro “LOS CURAS CONTRA FRANCO”, que el coprotagoniza, no que Rosa Cal conta a historia do tempo ferrolano no que a Igrexa de base deixou de estar cos poderosos para xuntarse ao pobo de Deus. E agora Anxo publica CONSEJOS DE GUERRA CONTRA EL CLERO VASCO, coa historia dos cregos nacionalistas vascos que resultaron vencidos, represaliados ou asesinados, nos tempos da guerra civil.

No País Vasco reciben o libro como a gran crónica de algo nunca investigado, ao que un galego de Vilalba se atreveu dedicando esforzo e tempo a este volume de 526 paxinas para contar a historia descoñecida dos cregos que de 1936 a 1944 pagaron pola súa fe e polo seu nacionalismo. Anxo Ferreiro Currás fai historia e xustiza no caso ata agora silenciado dos cregos vascos que na difícil guerra incivil non estiveron cos vencedores nin coa Igrexa oficial.

Por iniciativa do Iescha (Instituto de Estudos Chairegos), o libro vai ser presentado en Vilalba o próximo vintecinco de abril.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES