Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Familia ejemplar y feliz

jueves, 19 de junio de 2014
Por moitas voltas que lle deamos ós diversos tipos de familias das que se fala hoxe en día; onde se poña unha familia educada e feliz, que se quiten tódalas demais.

Según o meu criterio unha familia feliz é aquela que está formada por dúas persoas de distinto sexo que un día foron unidas polos lazos do amor incondicional para toda a vida que se propoñen ter uns fillos e educalos correctamente conforme ós valores universsis de convivencia: amor, respeto, comunicación, saber estar...
Aparentemente parece moi claro e moi sinxelo; pero a realidade dinos que non sempre ocorre así.
Recentemente atopábame eu nunha sala de espera dunha clínica onde había bastantes nenos cos seus proxenitores que esperaban ser consultados polo pediatra de turno.

O primeiro caso era dunha nai xovenciña que acompañaba ó seu bebé de pouco máis dun ano ós que eu me dirixin coa máxima amabilidade porque a nai era moi coñecida miña.
Saudeinos e dirixinme ó bebé para aloumiñalo e sorprendinme cando me mostrou un ademán moi desairado ó mesmo tempo que a súa mamá o disculpaba porque seica levaba moita présa.
Levaba présa ó bebé que nin sabía o que quería nin para onde ía. Non sei para que, pero a súa présa impedíalle saudar a unha persoa que se dirixía amablemente a el e máis á súa mamá.

Nin que dicir ten que observando este desaire eu contestei amablemente cun:
!Vale, vale!
E seguín o meu camiño polo andar da clínica ó mesmo tempo que pensaba para os meus adentros:
“Aínda non alcaza o ano e medio e xa manda na súa mamá, ou o que é peor; a súa mamá xa lle permite desaires a esta idade e segurísimo que se sente moi orgullosa do seu filliño”.
Porque a verdade é que o neno citado era fermosísimo a primeira vista; pero en canto lle ves aqueles modais xa pensas doutra maneira.

¿Como irá medrando ese neno?
¿Terán que estar os pais toda a vida ás súas ordes e caprichos?
¿Que pasará cado ente na escola? ¿Mandarán os mestres nel ou será el o que queira mandar nos mestres?
¿Permitiralle a vida tódolos seus caprichos?

O segundo caso era dunha mamá que acompañaba ó seu pupilo dun seis aniños. Un neno preciosísimo. A súa cariña recordoume a dos anxos que ocupan os altares.
Falou un pouco coa súa mamá en voz bastante alta aínda que eu non oín o que lle dicía porque me atopaba no outro lado da sala de espera.
Logo colleu un móbil no que ía marcando as súas preferencias cun marcador e ó pouco rato conectou os auriculares e así botou ata que unha enfermeira o chamou polo seu nome para que acudira á consulta.
Loxicamente o neno non oíu a chamada da enfermeira, pero a mamá si e púxose en actitude de acudir á mesma, chamando antes ó seu neno; pero este, -moi alleo a todo o que o rodeaba- nin se inmutaba.
Tivo que collelo a nai polo ombreiro para que se erguera e ergueuse porque non lle quedaba outra; pero foise para a consulta do pediatra cos auriculares postos.
Non sei se os quitaría ou non ó entrar na consulta...
Tal é o uso que fan algunhas persoas das novas tecnoloxías.
¡Que pena!

A continuación entrou unha señora coa súa nena duns sete anos que traía dous libros infantís debaixo do brazo e mentres esperaba que a chamaran, estivo lendo amigablemente coa súa mamá.

Nin que dicir ten que a terceira nai tiña unha concepción da crianza ben diferente á primeira e á segunda.

Pero logo entrou un matrimonio con tres nenos: un neno de dez anos, unha nena de oito e outra de catro ou cinco, aproximadamente. Todos moi ben criados, moi limpos, moi ordenados e –sobre todo – moi ben educados.
¡Que distinción!
¡Que elegancia!
¡Que delicadeza!
¡Que comunicación!
¡Que boa educación!
Entraron silenciosamente, tomaron asento e sacaron os abrigos.
O pai sacoulle o abrigo á nena pequena e colocouno sobre os seus xeonllos.
A nena de oito anos sacou o seu e colocouno sobre os seus propios xeonllos como fixo o papá co da irmá pequena.
O neno maior non o sacou. Sentouse na silla enfronte ó pai porque ó seu carón xa non había sitio.
Levaba un xoguete inventado por el na man que consistía en dous tapóns de plástico de tamaño mediano, unidos por un palillo redondo que facía de eixo.

O pai preguntoulle que era aquelo e o neno repondeu que lle cortaría os extremos saíntes do palillo e que faría un “yo-yo” porque unha amiga del fixera un con dous botóns.
Tamén comentou que el podería facelo con dous botóns grandes se os conseguira.
As miradas que se entecruzaban pai e fillo reciprocamente eran dunha dozura e dunha tenrura inexplicables.

Do peto esquerdo do chandal do neno saía algo que o pai preguntou que levaba alí. Era un bolígrafo que o neno metera alí por descuido.
Notábase que o pai tiña todo ben controlado.
De vez en cando a nai mirábaos e quitoulle os lentes do neno para limparllos.
Tamén lle limpou os da nena maior ó mesmo tempo que miraba que non levaran nin unha mota de pó na súa roupa nin nas súas caras anxelicais.

Entre todos había un intercambo constante de miradas cómplices e felices que comunicaban benestar, pracer, felicidade, amor... UNHA VIDA FAMILIAR AUTÉNTICA E EXEMPLAR.

Nestes intres a nai púxose a remexer no bolso e sacou varios tiques de compra dun supermercado. Estaba revisando as contas e ó vela os nenos maiores puxéronse a face-lo mesmo e a nena pequena quería imitalos e colaborar; pero a mamá díxolle:
“Ti aínda non sabes ler”
E ó mesmo tempo deulle un bolígrafo e un folio no que a nena se puxo a escribir no seu idioma particular.
Logo foillo ensinar á nai.

Unha vez revisadas as contas, a nai entregoulle os tiques á nena maior quen se encargou de levalos á unha papeleira próxima.
Logo sacou unha chocolatina do bolso e deullo á pequeniña, quen se puxo a desenvolvela con moito tino e logo tirou o papel na papeleira.
Comeu a chocolatina con delcadeza e boa educación. Ó rematar tiña as mans algo pegañosas pero moi pouco.
Outro neno nin se decataría ou en caso de decatarse seguramente as limparía á roupa; pero esta criaturiña mostroullas á súa mamá para que llas limpara e esta sacou un pano de papel do bolso e limpoullas con moita tenrura.

Os nenos maiores miraban atentos pero non dicían nin palabra. Seguramente que lles gustaría que a súa mamá tamén lles dera a eles chocolatina, pero non sabían o que pasaría. Tampouco pedían nada. Confiaban que se a súa mamá tiña algo para eles xa llelo comunicaría.
Efectivamente a mamá sacou dúas chocolatinas máis e deulle a cada un a súa. Desenvolvéronas e foron tira-lo envoltario á papeleira.
Nesto meteu de novo a man no bolso e sacou un caramelo que llo deu á pequeniña que xa rematara a chocolatina anteriormente.
Esta desenvolveuno e intentou darlle o envoltorio á mamá; pero esta instantaneamente díxolle:
“¡ALÍ, SEÑORITA!” - mentres sinalaba a papeleira.
A nena entendeu a mensaxe e foino tirar onde lle mandara a mamá.

Como a espera se facía larga o neno púxose a xogar co seu papá cunhas chapiñas que debían de ser para casar ou algo parecido.
O pai víalle as chapas do neno por razóns de superioridade en estatura e aproveitaba para ensinarlle a perder varias veces e a gañar algunhas.
Outro pai deixaríalle gañar sempre; pero na vida real non sempre se gaña. Hai que aprender a perder cando toca.

Mentres, as outras dúas nenas estaban entretidas á carón da mamá e esta ademais de atender ás nenas, dirixíalle de vez en cando, unha mirada tenra e amorosa ó papá ó mesmo tempo que lle collía a man.

Eu obervaba todo e pensaba:
¡Que gozada ver unha familia educada, unida e feliz!
¡E non había un máis educado que o outro!
Todos parecían cortados polo mesmo patrón.
Todos sumamente educados.
¡Que maravilla de familia!

Eran a outra cara da mesma moeda con relación ós dous primeiros casos que observei.

Cando me chamaron a min, eles aínda quedaban alí e non puiden resisitr a tentación de felicitalos persoalmente, primeiro a un pai e despois ó outro.
Ós nenos non me deu tempo porque me esperaba o doctor que aquel día tiña moito traballo e eu tamén tiña moita présa.

Déronme as grazas cun sorriso nos beizos e entenderon perfectamente por que os felicitaba.
Supoño que os nenos preguntarían por que os felicitaba unha señora descoñecida e seguro que aqueles pais sabios e santos lles saberían explicar o por que.

Todos aqueles nenos que vin na consulta e outros moitos, serán adultos do século XXI, pero...

¿Darán os mesmos froitos supoñendo que a vida lles dea as mesmas oportunidades?

¿Que lle parece?

¿SERÁ CERTO QUE A EDUCACIÓN FAMILIAR FAI MELAGRES?

¿Imos por bo camiño con tanto tipo de “familias” e con tantos tipos de “educación” como proliferan hoxe en día?

Sei que vostede ou pertence ou ten en proxecto pertencer a un tipo de familia semellante á que poño de exemplo, e por eso sei que vai gozar sabendo que afortunadamente hai moitas persoas boas, educas e felices no mundo.
Elas son as que pouco a pouco irán fermentando a masa co seu exemplo infatigable na procura dun mundo mellor para todos.

Saíndo de alí fun a unha clase de medicina na que a profesora –médico en activo- vai facer gardas voluntaria e gratuitamente a certos hospitais xunto con outros profesionais do ramo.
Estas noticias son alentadoras para todas aquelas persoas como vostede e coma min que desexamos e colaboramos na construcción dun mundo mellor.
Esta sociedade está moi necesitada de sal e luz.
¡Que non cansen os ánimos!
¡Por moitos anos e por xeracións sen fin!
Graciñas por terme na súa consideración nesta ocasión.
O vindeiro xoves escribirei sobre A SATISFACCIÓN DO DEBER CUMPRIDO.
Grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES