Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Iluso e engreído voto

miércoles, 09 de julio de 2014
Iluso e engreído voto, segredo a todas voces, cuberto de lapela altiva e enchufados rostros, frontispicio da falsidade, coa fasquía da legalidade buscas a mentira, ilusión de paxaro criando ovos de cuco, urna-niño de votos cativos que botan fóra aos seus propios fillos. Legalidade vixente que nos leva a un país onde pasan fame os pícaros e a familia dos reis ponse morada de maravedís que son coma soles dun solpor adormecido para os cidadáns. Xustiza ilegal de carestía informe, a fiscalidade do fondo das SICAV dos nosos eurodiputados que son rescatados e convertidos en touros doces grazas a que o deus Zeus se namorara deles, e aí os tes convertidos e travestidos en belidas damas nas europas “sicavitas”; iso si, legais, mais o resto da xente que emitimos a papeleta pagamos os cánones que eles mesmo nos marcan.

Todo isto e moito máis fai que os españois sexamos xa amantes do fútbol que non está fiscalizado, é o perdona penas, a anguria do esquecemento e aínda serve para meternos no reino de Morfeo ou de Dionisios que nos dá boas leis e xustas, dános tamén forza e ledicia exaltando ao pracer e ao optimismo.

Gritemos todos xuntos en compaña das bacantes ao son dos címbalos e crótalos: Evohé!, Evohé!
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES