Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parlamentarización

miércoles, 28 de diciembre de 2005
Fálase de xudicialización da política cando os políticos, en lugar de dialogar e negociar nas institucións públicas, acoden en demasía ós tribunais para que diluciden problemas que deberan ter solución na súa esfera natural do mundo político.

O da "Parlamentarización" aínda non saíu a relocir, pero seguro que chegará moi axiña, e tratarase do estudio e decisión sobre temas de diversas institucións que se levan ó Parlamento autonómico, de xeito interesado, para que este se pronuncie, dando lugar a colisións entre diversas competencias.

O Parlamento é o lugar onde se debe e se pode falar de todo; de todo o que se refira ó interese xeral de Galicia.

Pero levar un tema local ó Parlamento, para que este tome postura, pode parecer extraño e ata unha intromisión.

O Presidente da Deputación lucense, Francisco Cacharro, considerou unha intromisión que o Parlamento o chamase para explica-los presupostos da súa institución.

Días pasados, o Parlamento ía estudiar a construcción dos "metros" en A Coruña e Vigo, cando parece que este tema é dos mesmos concellos e do organismo que regule os transportes na comunidade autónoma e no goberno central.

O Parlamento coidamos que está reservado para máis altos temas: Os de lexislar, dentro das competencias da Comunidade, de xeito xeral, sen facerlle baixar a detalles, que outras institucións hai competentes na materia.

O Parlamento, que ven de cumprir un cuarto de século, é a nosa máis importante institución. Respectémola! O que tamén quere dicir que deberemos utilizala na súa xusta medida, no seu axeitado papel, que non é pouco.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES