Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rosalías

martes, 21 de marzo de 2006
Hoxe, é o día de Rosalía. Celebramos o Día de Rosalía de Castro “para reivindicar o valor e a actualidade” da nosa maior escritora.

Tódolos días, en Galicia, son o “Día de Rosalía de Castro”. Pero, hoxe, de xeito especial.

Para a que foi definida como “Miña nai, miña santiña”, non fai falla a declaración de “Poeta nacional”, porque Galicia xa se encargou desto hai moitos anos; xa o pobo se fixo cargo da súa figura e hoxe moita da nosa vida cultural xira arredor da figura da Nai das nosas letras, de referencia imprescindible.

O mesmo “Día das Letras galegas”, chamado a ser unha das nosas maiores celebracións, está fixado na data que lembra a adicatoria que Rosalía fixo a Fernán Caballero do seu libro Cantares Gallegos.

Á Casa-Museo en Padrón é santuario onde os galegos nos damos cita para render culto de lembranza, na súa Casa da Matanza, á que mellor soubo entendernos onte e sempre.

Os músicos e cantores, os intérpretes e lectores, os galegos todos somos permanentes debedores de quen tivo papel tan importante na nosa infraestructura literaria e cultural.

Desde agora -a Consellería de Cultura e Deporte comeza a celebración- o 21 de marzo, data do seu nacemento, será tamén motivo para honrala, tendo ademáis en conta que ven coincidir co Dia Mundial da Poesía.

Nunha entrevista que abre a nova revista Naz.on, Xosé Luis Méndez Ferrín, dí que a Literatura é o que fai que Galicia non sexa unha Rexión. Pois o pilar fundamental desa Literatura é precisamente Rosalía de Castro.

Cultura ven de publicar uns caderniños de notas coa efixie da “Nai” da nosa literatura. Titulouno “Rosalías”.

Do mesmo xeito que Cunqueiro agardaba por mil primaveras máis para a literatura galega, nós anceiamos e anunciamos mil Rosalías máis para a nosa terra. Precisámolas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES