Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Barcos galegos en Noruega

jueves, 07 de septiembre de 2006
En tempos, as xentes do norte chegaban ás nosas costas arrasando, a lume e sangue, e entraban polos cursos dos ríos e polos fértiles vales ata o corazón de Galicia. Era o seu terreo de caza.

Na actualidade, en Noruega, tres barcos galegos están agardando a súa posta en liberdade, tendo que pagar unha multa cada vez máis pequena pero aínda así onerosa. Cada vez máis pequena porque as autoridades norueguesas, como se dunha lonxa legal se tratase, xa levan fixados tres importes a aboar pola por agora suposta infracción dos tres pesqueiros.

Da un pouco de aquel escoitar ó Director da empresa propietaria dos barcos declarar que nada sabe do Ministerio de Pesca desde que comezou o periodo do verán, como se o estío fose tempo inhábil para a xente do mar.

No sector, fálase de que non se toman posturas máis fortes diante de Noruega porque polo medio hai outras transaccións económicas que non se queren entorpecer, e que os barcos galegos que teñan problemas van ter que solucionalos sen moita axuda oficial.

Nas xornadas técnicas de acuicultura celebradas en Vilagarcía fixéronse públicas cifras sobre o consumo de pescado procedente da acuicultura e da pesca, e da súa evolución futura, calculándose que en menos de vinte anos a producción “artificial” alcanzará á natural.¿Está a Administración española preparándose para ese equilibrio? ¿Ou so é deixación de funcións?.

Unha empresa galega ten tres barcos en Noruega desde hai dous meses. Se a pesca galega importase para o Ministerio de Pesca – Goberno de España – A titular da carteira debería ter cambiado a súa residencia temporalmente a Oslo, ou o embaixador español despachar ó aire libre á beira dos barcos para darlles ánimos diante das dificultades.

E a Conselleira de Pesca?. Ben, gracias. Onte estivo no Parlamento e declarou que o novo Plan de Acuicultura vaise presentar no primeiro trimestre de 2007.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES