Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Posiblemente Lugo non existe

lunes, 18 de septiembre de 2006
Foron José Blanco e José López Orozco os que venderon a idea, moi ben vendida, de que en Rozas podía instalarse algo extraordinario.

Nese lugar, ó parecer magníficamente dotado para as actividades aeronáuticas, ten soñado sempre a capital lucense con que se instale un gran aeroporto que conecte a cidade e o centro lucense con todo o mundo sen ter que acudir a Compostela ou A Coruña para o máis mínimo voo.

Foron numerosas as iniciativas no decurso dos anos, para facer de Rozas un aeroporto, xa fose con terminal de carga xa de pasaxeiros, e fixéronse expedicións de proba que parecían de interese pero sen que desde os anos corenta se conseguise a consolidación dunha actividade continuada.

Nos últimos tempos, a chegada de autoridades do goberno central en avións oficiais fixo coidar ós lucenses que algo podería obterse das novas circunstancias, máis cando as xa citadas ó comezo prometeron para Lugo un centro de desguaces de avións de alto nivel, único en Europa, que traería consigo moitísimos postos de traballos e innovacións tecnolóxicas que provocarían numerosas actividades complementarias.

O que mal empeza, mal acaba. O que empezou sendo unha alegre promesa postelectoral para impactar entre un auditorio a priori conquistado polo fermoso dos argumentos, remata con desilución sabendo que será Teruel quen teña esa fábrica e non a Terra Chá lucense.

Non é que Teruel, tamén subdesenvolvido, non mereza albergar unha planta coma esta, con centos de postos de traballo. Que sí que o merece e o necesita.

Teruel emprendeu xa hai tempo unha orixinal campaña para proclamar que ”Teruel también existe”. O malo é que, a pesar das promesas triunfais, a pesar das alegrías verbais, posiblemente Lugo non exista a determinados efectos. Deberiamos afacernos á idea.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES