Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eses húngaros están tolos

jueves, 21 de septiembre de 2006
Os seguidores do guerrilleiro anti-Roma Asterix saben que a súa frase preferida, diante das accións do exército invasor, totalmente alleas ó seu xeito de vida independente e en contacto coa natureza, é a de “Están tolos estes romanos”.

Nós, desde a distancia, vendo a que se armou en Budapest pola nimiedade de que o Presidente do seu goberno mentise, ou deixase de dicir a verdade, sobre a realidade económica do seu país para non sufrir unha posible derrota electoral, podemos dicir o mesmo xa que nada máis lonxe da nosa idea e das nosas intencións que pedir responsabilidade por inexactitudes, silencios ou amaños de cara á opinión pública.

Todos admitimos como lícito que o primeiro ministro húngaro dixese “Hungría vai ben”, aínda que non fose tanto, porque ninguén está obrigado a declararse culpable nin aportar datos que poidan incriminalo, e máis en tempo electoral no que tódalas desmesuras teñen cabida, abarcando o inmediato período preelectoral, co que os políticos en xeral – ninguén se libra – séntense con dereito a interpretar ou reinterpretar a súa historia ou a do territorio que lles tocou representar sen máis limitación que a que a posteriori poñen os votantes ó depositar a súa papeleta.

O problema do socialdemócrata Ferenc Gyurcsány é que o recoñecemento da mentira na súa voz, no decurso dunha conversa, ven de sair á luz. E eso provocou unha revolta popular.

Co que case se pode concluir –seguindo o vello refrán- que “o que non é visto (coñecido) é perdoado”, e que estes húngaros están totalmente tolos, porque “de entrada”, o tema non é para tanto, e depois xa se verá.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES