Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mórrenos un neno, de fame

miércoles, 27 de septiembre de 2006
Podemos un día especular sobre o brillante porvir de Galicia e dos galegos, e ó día seguinte tropezamos como leiteira imaxinativa e rompemos o cántaro que en equilibrio inestable levabamos sobre a cabeza, sobre o vento.

Falamos de incremento do P.I.B., de autovías, de postos de traballo, de progreso e de futuro, e mórrennos dous vellos en Santiago por escapar dun incendio na súa vivenda, para logo atoparse varios miles de euros na lavadora, e varios pisos ó seu nome que nunca souberon disfrutar.

Podemos estar en Europa, enamorarnos do Euro, ter un coche de douscentos cabalos e cotizar a Facenda todo o que poden investigarnos, pensando que somos homes e mulleres do século XXI, e de repente enterámonos de que un neno de dous anos morre DE FAME en Ponteareas, e súa irmá de tres está internada en estdo grave no Hospital Xeral de Vigo.

E cortasenos a respiración, contráesenos o estómago, e horrorizámonos ó pensar que a honorable sociedade da que formamos parte permite que un neno morra de fame.

Non é que falle o Goberno, os servicios sociais, a policía, a organización común... Non, falla a sociedade. Falla a veciña do lado que non se extraña de que o neno non ande a xogar como corresponde á súa idade, comendo un plátano á hora da merenda. Falla o bar de enfrente que non ve pasar a horas determinadas á nai cargada coa compra. Falla a familia da que proceden que non fixo un mínimo seguimento da evolución dunha unidade familiar presuntamente desestructurada. Falla un sistema que non sabe que hai dous nenos que posiblemente non se merecen os proxenitores que teñen e estes non se merecen ter (ou non están capacitados para ter) dous nenos ó seu cargo.

De repente, a realidade amósanos os fallos dun sistema perfecto que nos rexistra desde o nacemento ata a morte. Que nos controla e sabe de nós máis ca nós mesmos.

Pero ten fallos. Mortais. E, de repente, notamos eses fallos. E morre un neno. E algo, dentro de nós, morre con el.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES