Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Se hai catástrofe, esto é Galicia

martes, 24 de octubre de 2006
Vostede sitúese calquera fin de xornada no salón máis cómodo da súa sala de estar. E sintonice unha canle de TV de carácter xeral (dicir “nacional”, ó mellor é quedarse curto). Se hai unha catástrofe, non hai dúbida, está vostede en Galicia. Ou falan dela.

En tempos estaba todo moito máis organizado: Se a televisión difundía imaxes dunha folga, unha manifestación, un problema grave… eso era no estranxeiro.

Poñamos que está vostede fóra, e estamos en verán. E ve as referencias a unha vaga de lumes incontible, desmesurada, tráxica. Pois será o verán de 2006, e as imaxes son de Galicia.

Que o que agora lle ofrecen son riadas, con rúas inundadas, pontes arrasadas, coches destruídos, algún que outro morto... Pois estamos en outono de 2006 e esto é Galicia.

Onte mesmo, enterabamonos de que estas riadas están ocasionadas en boa medida por ter construído desviando ríos, e taponando lugares naturais de desaugue. Esto, seguro que non é exclusivo de Galicia. Pero aquí pasa.

Se o que vemos son accidentes mortais nas estradas, moi posiblemente tamén estamos vendo esceas de Galicia, en calquera fin de semana.

Se algún petroleiro ten problemas e perde líquido en zona difícil, será Galicia. Aínda que agora, segundo os técnicos, constátase “unha recuperación notable dos ecosistemas”, persistindo só problemas puntuais”.

Xa nos gustaría que algunha noticia non catastrófica pasase en Galicia. E xa non digamos que cada unha das noticias catastróficas tivera como contrapartida outra – da mesma envergadura- que a compensase.

Seguro que algún día levamos unha sorpresa, pero por agora cada vez que somos noticia é para encóllersenos o corazón. E non quixeramos agardar tanto como por esa “boa noticia” que nos proporciona o tema do Prestige.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES