Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estatuto: Á terceira, a vencida?

viernes, 10 de noviembre de 2006
En 1936 o Estatuto de Galicia era un soño, unha ilusión, e esvaeuse das mans dos galegos coma auga lizgaira.

A maioría dos galegos non sabía para que podía servir, a formación política era escasa, e o país non sabía que ía pasar unha longa noite de pedra cando aínda non dera saído da noite dos tempos.

Foi a primeira gran ocasión. Perdida. E terían que pasar 45 anos.

A segunda ocasión foi en 1981. Votábase o Estatuto da democracia nacente, e os galegos non estabamos aínda pola autonomía. Non se sabía para que podía servir, a formación política estaba no primeiro curso da E.X.B., e o país votou Estatuto como puido votar a incorporación ó Eixo Atlántico. Cunha abstención do 71,83%.

E sen embargo o Estatuto durou ata agora, vintecinco anos, marcando unha autonomía imperfecta pero camiño xeitoso para gobernarnos por nós, desde Santiago e non desde Madrid. Foi a segunda gran ocasión. Aproveitada.

E agora imos pola terceira. Levamos algo máis de medio ano metendo os cans na bouza sen conseguir que os nosos representantes o tomen en serio pensando en que á terceira pode ser a definitiva e compre construir un Estatuto para todos e, se fose posible, para sempre.

Gostaríanos que no próximo Estatuto, como di Touriño, non houbese vencedores nin vencidos. Se se quere que valla para todos, así ten que ser.

Claro que de paso que formulaba esta promesa e pedía altura de miras a Núñez Feijóo, arremete contra a postura do lider do P.P. en orixinal sistema de buscar consenso.

Póñanse de acordo. É a terceira gran ocasión. E todos (¡todos!) teñen que estar á altura do país e do momento. ¡Téñano en conta!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Descontos, rebaixas e igualdade no comercio : A calquera partidario do libre comercio podería parecerlle o máis natural do...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información