Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un deserto de cincocentos metros

miércoles, 23 de noviembre de 2005
Parece que a grandes males, seguen a impoñerse grandes remedios. E o mal que aqueixa ás nosas costas é un gran mal.

Tense dito e temos dito en numerosas ocasións que as costas galegas son oscuro obxecto de desexo de constructores, promotores, particulares e institucións; e todos levan agredindo esta especial superficie, por activa e por pasiva, desde hai moitos anos.
Pensamos que xa sería demasiado tarde para tomar algunha decisión política que corrixise a situación, e ó mellor non o é.

Que dos trescentos quince concellos galegos só dez teñan adaptado o seu Plan Xeral de Urbanismo á Lei do Solo quere dicir que non hai moito interese en cumpri-la Lei, non antes de deixar todo ben amañado desde o punto de vista que interese a cada quen.
E nesto que a Consellería de Política Territorial establece un deserto de cincocentos metros, medido desde o punto onde chega o mar cando está a marea máis alta ata o lugar onde se vai poder construir nun concello que non teña adaptado o seu Plan á Lei do Solo.

Resulta drástico, resolutivo, e posiblemente práctico á hora de conseguir mover ós poderes municipais na dirección en que o goberno da Xunta pretende, para coordinar o aparentemente incoordinable dentro da anarquía constructiva da costa galega.

O tema dos cincocentos metros resulta ostensiblemente un golpe de efecto, pero se ademáis move ós concellos hacia a legalidade, pois benvido sexa. E que force ó diálogo, e a corrixir erros.

Porque para algo debe servir esta medida, xa que ningún concello poderá soportar por moito tempo un deserto permanente na zona máis viva do territorio municipal, a menos que haxa algún concello que estea xa totalmente construído e a medida chegue tarde.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES