Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha hora menos en Galicia

martes, 05 de diciembre de 2006
O Bloque en Galicia ten comezada unha revolución pacífica que a saber onde rematará, ou cando, ou con que.
Primeiro foron as Consellarías. É sabido que os cargos os detentan os Conselleiros, que representan institucións que se chaman para todo o mundo Consellerías, menos para o Bng que resultan ser Consellarías, ou sexa máis enxebre.

Nos rótulos oficiais non hai cambios, porque tendo en conta as Consellerías que detentan, as de Industria e Turismo, e Cultura e Patrimonio, e Vivenda e Agricultura, serían milleiros os indicadores a cambiar en toda a zona rural, en todos os monumentos, en tódolos polígonos industriais, en tódalas promocións de vivendas, en toda Galicia… E habería que cambiar centos de miles de carteis de sobremesa, e placas en edificios, en millóns de folios, tarxetas e formularios. E non hai economía que permitan facer un cambio así. Polo tanto, as rotulacións oficiais proclaman “Consellería”, en tanto que algunhas notas de prensa, e palabras e mencións, e carteis, din que se trata de “Consellaría”.

Agora, o da hora. Na Asamblea do Bng desta fin de semana, un militante de Ourense presentou a proposta de pedir para Galicia unha hora diferente, coma a de Portugal, coma a de Canarias.
A Radio Galega, que en tempos proclamaba “Son as doce da mañá no centro do ceo e máis da terra”, podería dicir: “Son as doce da mañá” en España. As once, en Canarias e Galicia. ¡Que maneira de camiñar cara a independencia!.

E a vida segue. E seguiría, se eso se consegue. Porque o Bng ten a virtude da persistencia, e arreglar en privado as súas diferencias, e o que noutros grupos principais produciría diferencias insalvables e rupturas irremediables, aquí só provoca unión e ansia de camiñar xuntos, de esquecer feridas e presentar hacia o exterior imaxe monolítica.

En Galicia, o Bng pide unha hora menos. Pero como grupo político ten demostrado estar ó día, estar á hora, e camiñar firme hacia diante sen dar lugar a críticas ou dúbidas.

Ó mellor o 2007 vai ser o ano do Bng. E Galicia non vai ter unha hora de retraso. Vai estar á hora da península, ou vai ir unha hora por diante.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Descontos, rebaixas e igualdade no comercio : A calquera partidario do libre comercio podería parecerlle o máis natural do...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información