Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ti reinas na Terra Chá…

miércoles, 06 de julio de 2016
O Manuel tivo infinitos motivos para ser feliz nesta vida. Unha das grandes razóns da súa felicidade foi Saleta, compañeira e amiga de tempos difíciles ou de bonanza, “alter ego”, musa, parede mestra do fogar.

Razón esencial de vivir e de disfrutar foi a poesía, que lle permitíu Ti reinas na Terra Chá…expresarse en liberdade, ser conciencia dunha terra, expresión de xentes sen voz, creador de mundos intanxibles que tiñan na realidade de cada día a súa base física e lles permitían elevarse hacia o sublime.

E unha tamén principal razón era a súa fe no futuro desta terra e das súas xentes, fe política e relixiosa, nunha especial comunión que poucos souberon harmoniar coma el.

Escribo estas líneas á beira da igrexa da Virxen dos Milagros de Saavedra, á que el recoñeceu –como labrego da ampla Chaira que el recreou- como Patrona da Terra Chá.

Foi ao comezo da miña estadía neste especial anaco chairego, a primeira parroquia da diocese de Mondoñedo-Ferrol, cando se me presentou a ocasión de proponer pregoeiro para a festa dos Milagros, o 24 de maio, cousa que nunca se fixera. E propúxenllo ao Manuel, que aceptou entusiasmado.

E o Manuel, desde o altar da nosa Vrxe máis venerada, pronunciou un sentido pregón da festa da Virxe milagreira, seguido con expectante atención polos asistentes á misa maior do maior día do ano mariano das terras chairegas. E puxeron contrapunto ás palabras de fe do Manuel as sonoras voces do componentes do Orfeón Lucense que daquela dirixía Nemesio Gutiérrez. E todos xuntos o celebramos posteriormente nun xantar no begontino Restaurante San Martín.

Nunca antes fora ninguén Pregoeiro da Romaría da Virxen dos Milagros de Saavedra. Nunca deste entón ninguén volveu ser pregoeiro desta multitudinaria festa. E está ben así. Posiblemente só Manuel María era merecedor de esa honra. Vaia desde Saavedra a miña lembranza do amigo feliz, pregoeiro da súa Virxe amada, que cada vintecatro de maio -no ceo dos chairegos onde reina- seguro sorrirá satisfeito, recitando o poema que remata proclamando “ti reinas na Terra Chá, i eu son labrego Señora”.

Diante da igrexa dos Milagros, Saavedra (Begonte).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES