Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agardando o Museo da Romanización de Galicia

viernes, 21 de octubre de 2016
Agardando o Museo da Romanizacin de Galicia Paso tódolos días un par de veces pola beira do Cuartel de San Fernando, e por iso son testemuña directa do seu envellecemento acelerado, da súa ruína, sorprendéndome as recentes medidas de tirar os pendellos situados na parte posterior que non protexían senón disimulaban as monumentais proporcións deste edificio que naceu para Hospital de inválidos, foi Cuartel do Exército, tentouse que fóra auditorio e, agora, despois de deixalo arruinarse, pídese con toda xustiza que sexa o Museo da Romanización de Galicia que Lugo agarda e merece.

Ninguén, en plenitude de facultades, deixa esmorecer un edificio así. Un particular que deixa de utilizar un inmoble, nunca o deixará arruinarse senón que procurará obter del unha xusta rendibilidade. Un empresario que deixe de utilizar un local, buscará unha pronta venda ou aluguer para ter un beneficio en lugar dunha carga. Pero as institucións, palacios con contidos que por principio van despacio, tómanse tempo para saber que fan cun edificio porque as perdas que se produzan cárganse no patrimonio común. Ilóxico, inxusto, inadmisible… pero real, como ocorre co antigo Hospital Xeral, como ocorre co Cuartel de San Fernando.

E velaquí que hai un importante movemento cidadán, impulsado por Lugo Patrimonio, entidade que preside Adolfo de Abel Vilela, que busca un pleno nesta partida entre Lugo e as institucións que está en tempo morto, para darlle utilidade noble a un edificio emblemático, tentando conseguir para Lugo o ansiado –e prometido- Museo da Romanización, para que Lugo poida mostrarlle ao mundo a Roma oculta no sochán que vai aparecendo diante de nós cunha brillantez extraordinaria.

En tempos planificáronse para Galicia catro museos… Para Lugo, lóxico, o da Romanización. Pero a maldita crise afogou o proxecto. Agora pídese para San Fernando un destino xusto e noble, que se refrendou días pasados na Deputación con razóns técnicas, históricas, sociais e económicas, diante da Alcaldesa e a Deputada de Cultura. Ao mellor os tempos deste Museo poden ser chegados. Haberá que insistir, sen deixar que o tema se esqueza. Por iso, este comentario. Para recordar a todos, tamén a min, que temos dereito a un Museo da Romanización, e que este debe situarse no antigo Cuartel de San Fernando.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES