Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rearmarse de paciencia

jueves, 17 de noviembre de 2016
Que a paciencia é unha virtude ou cualidade de quen sabe soporta-los males sen se queixar, sabémolo todos.
Que se necesita en multitude de situacións na vida, tamén.
E que é moi doado perdela, ninguén o pon en dúbida, porque todos a perdemos en máis dunha ocasión.
¿Ou vostede non a perdeu nunca?

Pero como é moi necesaria ó longo de toda a vida, convén re-armarse de paciencia sempre e cando sexa necesario:
-Cando un bebé chora porque ten fame, frío, dóelle algo ou require a nosa atención; non lle queda máis remedio que esperar a que poidamos cumprir os seus desexos.
Polo tanto –consciente ou inconscientemente- xa está practicando a rearmarse de paciencia
Unha aprendizaxe que lle servirá de moito ó longo de vida.

-Cando un estudiante se “rompe a cabeza” para comprender un concepto, unha fórmula ou descubrir como se realiza unha operación matemática ou física; non lle queda outro remedio que ter constancia e moita paciencia; intentando unha e outra vez resolver aquelo que lle preocupa.
Se perde a paciencia e abandoa, peor para el/a, peor para a súa familia e peor para sociedade.

-Cando un noivo ou unha noiva se fan derrogar; á outra parte tócalle rearmarse de paciencia ata ser correspondido/a (se o caso o merece, claro está).
Se as cousas van ben, toda vida de parella terán que seguir facendo o mesmo; e –se cabe- aínda en doses maiores.

-Cando un docente explica e explica e volve a explicar e aínda hai alumnos que non poden ou non queren comprender porque non lles gusta estudiar, ten que rearmarse de paciencia ó longo de toda a súa vida profesional.
Sempre foi así e hoxe en día máis que nunca porque o alumnado de hoxe en día ten moitas estratexias para “intentar tomarlle a medida ó profesorado”
Eso si: o profesorado sempre ten a razón.
¡Só faltaría!
E os pais e nais non o teñen nada doado, tampouco.

-Cando nos atopamos con infinidade de obstáculos na circulación polas estradas; o mellor que podemos facer é rarmarnos de paciencia cos defectos ou erros dos outros conductores, porque fallos témolos todos.
E non digamos nada cando se produce un accidente:
A serenidade e a paciencia son so mellores antídotos ante males maiores.

-Cando un doente é reacio a toma-los medicamentos que lle prescribe o facultativo; tamén este ten que rearmarse de paciencia ata convencelo para o seu ben.
Outra cosa é o dereito a negarse que pode ter o doente, que algunas veces tamén ten que rearmarse de paciencia co facultativo.

-Na relación entre veciños, tamén fai falta moita paciencia. Hai veciños que son máis e mellores que moitos membros da familia
Hai outros que mellor estarían lonxe; pero como non podemos alonxalos, temos que rearmarnos de paciencia para soportar as súas rarezas e a veces incluso maldades.

-Cando unha nai ou un pai de familia non sabe como explicarlle ó seu descendente que ten obrigación de cumprir cun deber propio da súa idade; debe rearmarse de paciencia tantas veces como sexa necesario se quere saír coa súa misión de pai ou nai.
Se consegue o obxectivo, felícitarese toda a vida por ter educado como é debido ó seu pupilo ou pupila e este ou esta, fará outro tanto cos seus descendentes.

-Coa familia, pasa outro tanto.
Hai parentes que preferirías non telos; pero –como levan o teu sangue e os teus apelidos- o máis habitual é rearmarse de paciencia e tolerar todo o posible.
¡Se a xente falara do que se coce nas familias!
¿Cantas veces terían que rearmarse de paciencia as persoas vítimas da violencia de xénero?
¿E se só fora nos casos de violencia de xénero…?
¿Cantas veces temos que rearmarnos de paciencia cando estamos loitando cunha enfermidade?
¿Cantas veces terán que rearmarse de paciencia as persoas que están loitando coa droga?
¿Cantas veces se rearmarán de paciencia as persoas que sofren as consecuencias das guerras?
Etc, etc.
En fin, a min paréceme que:
“A PACIENCA É UNHA EXCELENTE ARMA DE PACIFICACIÓN MASIVA”.
¡Qué nunca nos falte!
Cada quén ten que fabrica-la súa propia porque nin se compra nin se vende e ningún sitio.
Nin ricos nin pobres nos salvamos de fabricala; pero merece a pena porque resolve moitos problemas.
Pero…
¿Que pasaría se se nos acabara a paciencia?
¿Debe acabarse nalgún momento?

“O LÍMITE DA PACIENCIA”
Este será o título do seguinte artigo porque a paciencia –igual que todo nesta vida- tamén ten un límite.
¿Ou non?
En calquera caso, vostede debe saber que a sociedade estalle moi agradecida polo que vostede deixa exercitado a súa paciencia por infinidade de motivos que só vostede sabe.
E moitas grazas da miña parte por ter lido este artigo.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES