Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A paz interior non ten prezo

jueves, 06 de abril de 2017
Fai sesenta, setenta ou oitenta anos; dábase moita importancia á formación moral e relixiosa.

A infancia en xeral, recibía unha formación relixiosa na casa, que se complementaba na Escola e na Igrexa.

Falábasenos moito do pecado, da obediencia ós pais, ós mestres, ás autoridades, ás persoas en xeral.
Transgredir esas normas estaba moi mal visto e levaba consigo problemas de conciencia.
A veces ata se daban casos de conciencia con escrúpulos.

As persoas de idade avanzada, lembrámonos perfectamente que era de cumprimento obrigatorio face-las cousas tal e como estaban establecidas.
Certo que -según quen- aproveitábase desta situación e abusaba do poder.

Sempre houbo “listillos”, e, desafortunamente, dá a impresión de que hoxe en día tamén abundan.

Andando o tempo, as cousas fóronse suavizando como resposta a eses abusos.
Suavizáronse tanto, tanto, tanto que agora moitas persoas xa non teñen noción nin do que antes se consideraba pecado nin de poñer límites na súa vida.

Algúns chámanlle e eso: liberdade de expresión”. E con esa “liberdade” dín ou fan o que lles peta.

A min paréceme que tódolos extremos son malos.
¿E vostede, que opina?

Por algo din alí que: no medio está a virtude.

Hoxe fálase moito de respeto:
-Respeto ás persoas.
-Respeto á vida animal.
-Respeto á vida vexetal.
-Respeto ó medio ambiente….
Do respeto á Lei de Deus, me parece que non se fala demasiado. Eso a min paréceme a mellor fórmula, pero podo estar engañada, aínda que pense que non.

O QUE É DE RESPETAR, fálase moito; sobre todo cando queremos que os demais nos respeten.

Tanto, tanto, tanto se fala; que dá a impresión de que se gastou esa palabra e con ela desapareceu o seu significado na vida cotiá.

Os resultados saltan á vista:
-Hai quen maltrata ós pais.
-Hai quen maltrata ós fillos.
-Hai quen maltrata á parella á que lle prometeu tenro amor.

Hai quen maltrata ó profesorado ó que tanto se lle debe.
-Hai quen maltrata ó personal sanitario que intenta por tódolos medios recuperarnos a saúde , que é o máis importante.
-Hai quen maltrata á policía que vela pola nosa seguridade.
Hai quen maltrata á infancia…
Etc, etc.

Tamén hai quen cumpre relixiosamente co seu deber tanto dentro da familia como a nivel social.

A maioría intentamos cumprir.

¿Onde están a diferencia entre as persoas que intentamos cumprir relixiosamente e as que se saltan as normas ou teñen outro baremo á hora de medir?

Diferencias hai moitas:
-Á hora da verdade todos queremos rodearnos de persoas cumpridoras.
-Á hora da verdade todos queremos tratar con persoas que cumpren as normas.
-Á hora da verdade todos queremos tratar con persoas de palabra.

RESUMINDO:
Á HORA DA VERDADE A FORMALIDADE, TEN PREMIO.

As persoas cumpridoras dormen coa conciencia tranquila.
As persoas cumpridoras non se meten en líos.
As persoas cumpridoras non van con chismes dun lado para outro.
As persoas cumpridoras non se meten na vida de nadie; teñen abondo con goberna-la súa propia.
As persoas scumpridoras gáñanse a confianza de moitas outras.

AS PERSOAS CUMPRIDORAS GOZAN DE PAZ INTERIOR.
As persoas que teñen a conciencia rectamente formada, son as mellores persoas, as máis queridas, as máis valoradas e as máis ricas.
¿Por qué?
Porque gozan de paz interior.

A paz interior é o mellor regalo para as persoas limpas de corazón.
¿Como sería o mundo se tiveramos o corazón limpo?
¿Qué podemos facer para vivir nun mundo xusto?
¿Qué podemos facer para evita-las envexas?
¿Qué podemos facer para que no mundo non haxa maldade?
¿QUE PODEMOS FACER?

Este será o título do seguinte artigo.

Antes de despedirme, quero agradecerlle a súa valiosa contribución á hora de ler os meus artigos porque me producen moita paz interior.
Eso, para min, non ten prezo.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES