Galicia envellece
jueves, 19 de abril de 2007
Que Galicia envellece, todos o percibimos. Os nacementos que se rexistran, que parecen repuntar, non chegan para facer medrar e polo tanto renovar este país. Nin siquiera as aportacións que as migracións efectúan permiten ser optimistas neste terreo.
A Oficina de Información estatística da Unión Europea ven de advertir que para 2030 Galicia terá somente dous traballadores en activo por cada xubilado, cifra ben lonxe da aconsellable para o mantemento do sistema público de prestacións: cinco por xubilado.
Os cálculos que efectúa esta Oficina europea supoñen
que os maiores de 65 anos aumentarán un 30 por cento mentras a poboación se reducirá nun dez. Galicia terá entonces 2.430.000 galegos.
Que Galicia envelleza é bo pola experiencia e pola prolongación da vida. Só por iso. E hai que conseguir novas aportacións de traballadores que xeneren riqueza e contribúan a que o sistema de pensións se manteña e se reforce.
Unha política de protección á familia pode colaborar a mellorar a situación, e mesmo poden non cumprirse os negros prognósticos. Porque resignarse a ser beneficiarios das compensacións interterritoriais non é solución aínda que sexa interesante e conveniente.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora