Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moito que agradecer

jueves, 25 de mayo de 2017
Se tan só dedicáramos uns segundos cada día a agradecer o moito que recibimos, seguramente seríamos máis felices.
Seríamos máis felices porque saberíamos poñer en valor o que fan outras persoas por nós; principalmente as persoas máis influíntes na nosa crianza.

Sen pedirnos permiso, unhas veces de forma desexada e outras indesexada; pero un bo día aparecemos neste mundo no seo dunha familia determinada, nun país determinado e nun lugar determinado.

Esas circunstancias marcarán para sempre as nosas vidas:

-A quen lle toca de nacer no seo dunha familia de boas persoas -aínda que non saiba moito de letras nin teña moitos cartos- xa ten moitas posibilidades de ser boa persoa.
-A quen lle toca de nacer nunha familia moi ilustrada, ten moitas posibilidades de ter unha instrución axeitada para saber conducirse pola vida.
-A quen lle toca de nacer nunha familia xenerosa e servicial, xa ten moitas cartas para ser unha persoa xenerosa e servicial.
-A quen lle toca de nacer nun país en paz, ten moitas posibilidades de ser unha persoa pacífica.
-A quen lle toca de nacer nun lugar con según que tradicións, seguramente será unha persoa respetuosa coas tradicións propias e máis coas alleas.

A miña madriña dicía:
“Nas mans ou nos pés, haste de semellar a quen es”
A xenética non falla.

Tódalas familias teñen as súas virtudes e os seus defectos.
Tódalas familias destacan en algo ou en moito.
Ese algo ou ese moito será a etiqueta que levarán as persoas desa familia.

Todos –salvo casos excepcionais- nacemos nunha familia.
A nosa familia –para nós- é a mellor do mundo, aínda que sexa como outras moitas.
Por eso lle temos que estar moi agradecidos.

-Agradecidos que nos permitiran acceder a esta vida tan maravillosa da que disfrutamos.
-Agradecidos polas horas que pasaron en vela para que nós pidiéramos sentirnos queridos e arroupados.
-Agradecidos pola alimentación que nos deron para o noso correcto desenrolo físico.
-Agradecidos pala educación que nos deron: a mellor que puideron, aínda que tivera erros que logo fomos correxindo.
-Agradecidos polos valores que nos inculcaron: respeto, amabilidade, xenerosidade, servicialidade...
-Agradecidos por como educaron a nosa vida emocional, intelectual, moral e espiritual.
-Agradecidos por todo canto se esforzaron e privaron para que nós recibíramos o mellor que nos puideron ofrecer.
………………….

Se as persoas que nos criaron tomaran nota de canto fixeron por nós, seguramente non habería sitio no planeta terra para tanta enciclopedia.
Pero non levaron conta.
Fixérono todo de balde.

As mellores cousas da vida son gratuitas, aínda que non sexan grais.
Fixérono todo por amor.
Fixérono todo por amor porque somos froito do amor.

“AMOR CON AMOR SE PAGA”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas a tódalas familias, especialmente ás familias que deixan un legado exemplar.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES