Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Arde Lucus!

viernes, 16 de junio de 2017
Hai festas que naceron con sorte, e o Arde Lucus é unha delas, pois con 16 anos de existencia pode compararse co San Froilán, que leva centos de anos acreditado como a cita festeira por excelencia na que se concentra en Lugo toda a provincia.

O certo é que moitos lucenses levaban anos suspirando por unha festa en tempo que a priori prometese que sería moito máis bonancible ca o mes de outubro, e intentos houbo de convertir o Corpus na gran festa lucense, pero non houbo nada que facer.

Xeitoso foi facer arredor do Corpus a Semana de Música da capital lucense, que viviu momentos de gloria pero na actualidade xa non lembra vellos esplendores. E as festas do Corpus foron e son brillantes no aspecto relixioso, especialmente a Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia, na infraoctava do Corpus, na Catedral lucense, pero como festa popular seguíu o San Froilán sendo indiscutible, con bo ou mal tempo, evoluíndo a festa exclusivamente e esquecendo o seu carácter inicial de feira, tendo en conta o decaimento do rural en beneficio do urbano que se viviu no decurso do último medio século.

Pero apareceu o Arde Lucus a comezos da pasada década, e collémoslle gusto a facer festa romana, celebrar o pasado lonxano ata chegar ás orixes, e xa que cada pouco aparecen pegadas romanas no sochán da cidade a pouco que se excave, facer como se eses restos romanos influísen no ánimo dos lucenses actuais, e lucenses e forasteiros se sentisen romanos e de romanos vestisen durante tres días nunha ceremonia de lembranza pola ficción.

Vimos de coñecer o programa do próximo Arde Lucus, do venres 30 de xuño ao domingo, dous de xullo, retrasado para non interferir con outras festas, con máis de trescentos actos de espíritu romano, que segundo a organización municipal van deixar na cidade beneficios superiores aos doce millóns de euros.

Non sei como fan para estimar os beneficios económicos que unha festa así proporciona á hostelería, e nunca poderemos coñecelos con exactitude. E haberá lucenses que fuxan de Lugo estes días buscando tranqulidade, pero serán moitos milleiros os foráneos que acudan a Lugo con este motivo. Aquí nos veremos, se é posible verse no medio de tanta xentiña como aquí nos imos xuntar. Que todos disfrutemos estes días, como romanos!!!
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES