Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os próximos festexeiros

lunes, 11 de junio de 2007
Onte, domingo, foi Xoves de Corpus. O próximo domingo, celebrarase a súa Infraoctava, cando é algo máis dunha octava xa que son dez días. Que lonxe aquel dogma de hai anos: “Tres xoves hai no ano, que relocen máis ca o sol: Xoves Santo, Corpus Christi, e o Xoves da Ascensión”.

O da Ascensión, xa non é festivo, o Corpus pasou ó domingo inmediato, o Xoves Santo é o punto medio da semana festeira máis celebrada do ano.

Non é que se quixesen restrinxir festivos para acomodarnos a Europa senón que hoxe son outros santos os que nos moven e inspiran a nosa piedade.

Desapareceron o Día del Caudillo e o 18 de Julio. Creóuse o Día da Constitución, o Día das Letras descafeina a celebración, e mantense o Día de Reis aínda que Santa Claus estea batallando para facerse co mercado. O un de xaneiro é indispensable para repoñerse do trinta e un de decembro, aínda que a disculpa sexa a celebración de San Manuel. O primeiro de Maio, en lugar de xuntarse a falar sobre temas laborais, non traballamos. O vintecinco de xullo non compromete a nada, o mesmo ca Nosa Señora en agosto. O doce de outubro aínda se considera o día da Raza, agora que a raza afortunadamente se esvae.

As festas son unha referencia que caduca. Na actualidade, se se pregunta ós rapaces polo “Dezaoito de xullo” responderán que é unha rúa á que lle acaban de cambiar o nome. O mesmo que en Portugal a xente nova resposta que o “Vinteinco de abril” é unha ponte sobre o río Texo.

Todo cambia. Quen sabe que festas celebrará a próxima xeneración de festexeiros.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES