Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vida plena de Sérgio de Castro Pinto

martes, 15 de agosto de 2017
A vida plena de Srgio de Castro Pinto Vida plena, completa e vital a de Sérgio de Castro Pinto (João Pessoa, Paraíba-1947), que veu a fertilizar unha poesía de referencia, na que se compendia no contexto da poesía brasileira. Falar ou indagar sobre a poética deste autor, posiblemente, nos leve a outro estadio superior ao que habitualmente estamos acostumados a peregrinar pola ampla diversidade que nos oferta a poesía do Brasil e, concretamente, a de Sérgio de Castro Pinto que ocupa un espazo de reencontro humanista, no que se connota esa pedagoxía que nos leva a outras adhesións e, aínda, a un sen fin de temáticas e recursos até chegar a variados concertos metafísicos que se ordenan na súa poética e que continúa crecendo cara outras descubertas que proclaman modernidade e vangarda estilística.

Remata de publicarse un libro homenaxe a este destinguido poeta, nos seus 70 anos de vida e dos 50 anos de actividade poética, do seu primeiro libro: “Gestoslúcidos” (1967). Así iniciou unha vida dedicada a unha obra de plenitude, que se conmemora no libro: “Sérgio de Castro Pinto 70 anos de vida e 50 de Poesia” de Ideia Editora (2017), organizado pola súa filla, Maria Cecília de Castro Pinto Almeida, no que se recollen tódalas críticas e recensións que mereceu a obra deste poeta. A maioría delas vindas dos grandes críticos da poesía brasileira,que se ocuparon dunha maneira moito puntualque se converten en grandes estudos que non podemos perder de vista.

Estamos ante un libro moito ben organizado pola súa filla, que vitaliza os recursos que se encerran na obra creadora que provén desa fonte orixinal de augas rebordantes e transparentes que emanan dun poeta de enormes recursos creativos, que os críticos que se preocuparon e exaltaron a súa poética o testemuñan en múltiples referencias que encontramos neste libro, no que se deixa constancia do valor formal que Sérgio de Castro Pinto deu á palabra erixíndoa con contundencia na súa poética soberana, vinda dun artesán que impactou a quen o seguiu e que agora son os seus contributos os que nos devolven a verdade das súas diversas creacións, nun volume de concertos críticos que durante 50 anos foron os supervisores e os que nos adiantaron a primicia dun autor que fertilizou ese encanto que se nos ofrece na poesía brasileira.

A recuperación desa crítica que analiza a poesía de Sérgio de Castro Pinto vén a posicionarnos fronte a autenticidade dun perfil moi exacto e concretocomo é o de Castro Pinto, que provocou esas achegas dos excelentes críticos da literatura brasileira e non só. Este libro de MariaCecília de Castro Pinto Almeida merece ser visitado para conmemorar a idade do autor e o medio século de ter iniciado a longa andaina polo misterio da poesía.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES