A droga da política
viernes, 27 de julio de 2007
Sóubose estes días que ata seis ministros do Reino Unido consumiron cannabis na súa mocidade, e non tiveron reparo en confesalo desde a altura dos seus cargos, desde os que por certo, agora, apoian a lei que endurece as penas polo seu consumo.
O refraneiro ten para esta situación unha frase lapidaria: O demo, farto de carne, meteuse a moralista. E nunha primeira lectura, esto parece desprenderse da situación británica.
Pode ser que os antano consumidores, coñecedores dos efectos da droga, se teñan mentalizado e procuren poñer remedio ó que só se pode remediar con medidas previas.
Pode que a entrada no desempeño dun cargo faga cambiar radicalmente de costumes e ata de formas de pensar e produza reaccións coma esta.
Sexa cal fose a razón, está ben, porque a droga segue a ser unha lacra na nosa sociedade, que compre erradicar polo ben de todos. Lacra da que non se libra ninguén, según un recente estudio en Galicia, onde sube o consumo dalgunhas sustancias, baixa o de outras, pero segue o fenómeno a estar presente na nosa sociedade, incluíndo dentro del o tabaco e o alcohol.
A política non a contabilizan. E ser, tamén é unha droga, con similar adición. Pero os seus efectos, a pesar de todo, son moito máis benéficos.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora