Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grandes áreas metropolitanas

jueves, 16 de agosto de 2007
A descentralización que desembocou nas autonomías hai un cuarto de século, parece ter cumprido os fins previstos, e chegado o momento da súa evolución.

A evolución, dentro do mesmo rexime autonómico, estará marcada polos novos textos estatutarios cando se vaian conseguindo, perfeccionando máis altas cotas de autogoberno en natural detrimento das competencias do goberno central.

En tanto, os concellos conseguiron atopar o seu papel, e cada día reforzan máis a súa presencia nos servizos máis directos ó cidarán.

As deputacións vivirán estes catro próximos anos un período decisivo, pero ata agora un cuarto de século non puido menoscabar a súa presencia e intervención.

As comarcas, aínda non callaron, e non conseguiron presencia activa real na actualidade e nas funcións.

E agora chegan as áreas metropolitanas, como entidades intermedias, para agrupar concellos con idénticos fins, sendo A Coruña e Vigo coas áreas que se consiga determinar as primeiras en funcionar.

Vese que esto das Áreas é cousa da Galicia próspera, xa que as primeiras en nacer – quizais as únicas- van ser arredor precisamente dos máis importantes núcleos económicos e sociais de Galicia.

A Xunta quere que a de Vigo englobe Pontevedra mentras que o Alcalde vigués pretende camiñar en solitario e esquecendo a capital da provincia patronear ata vinteoito concellos das comarcas do Morrazo, Val Miñor, Baixo Miño e O Condado, mentras que A Coruña pretende abarcar Carballo e Ferrol.

Esto irá en lóxico detrimento das Deputacións provinciais, de Pontevedra e A Coruña, onde despois da constitución destes entes supramunicipais xa nada será o mesmo. Será unha nova potenciación do poder local frente ó provincial en decadencia.

Medrarán as zonas máis prósperas, baixará o papel das deputacións, e a Galicia de segunda seguirá en segundo lugar.

As grandes áreas metropolitanas consagrarán a división galega entre occidente e oriente, entre os galegos pobres e os galegos ricos.

Que para o resto haberá outras solucións?, ¡Seguro!. Pero serán tamén solucións de segunda.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES