Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sentenzas, Fías e Ruadas (6)

martes, 06 de febrero de 2018
Sentenzas, Fas e Ruadas (6) O viño e mailo bolo eran de precepto para agradecerlles ás testemuñas a súa colaboración. ¡Iso, como pouco! Tamén nas eleccións: o "cunero", ou máis ben os seus "caciques", "muñidores", etcétera, contrataban, encargaban, a taberna. Xa o dicía a copla de Portela Valladares: "Por aquí pasou Portela, camiño da Fonsagrada, pero convidou con auga. Detrás veu Montoutiño (Don Carlos Fernández, o enxeñeiro de Montouto), ¡e convidou con viño!". A Testemuña, en vista de que non o invitan, trata de largarse:

Mándome logo a mudar,
que por hoxe non sei máis nada;
tan só lles quería dicir
que me dispuxesen a paga!

"Mándome... mudar", curiosa expresión, de gran arraigo en Canarias, que tamén se utilizou na Baleira e en Castroverde. Como ninguén lle paga, nin lle indica que si, que haberá convite, a testemuña retórcese para saír.
...
Acusador

Este gallo Montero
merece una pena drástica:
hacía burla de todos,
y además de cabronada.

Con actitude machista, de "cabrón", de godallo, sobresaínte e maligno.

...
Defensor de Montero

Si galeó las pollitas nuevas
fue porque ellas le obligaban,
que en cuanto le veían
allí delante le aguardaban.
Aunque el gallo Montero
es el que lleva la fama,
yo sé cierto que Toribio
era quien alborotaba.

Agravio comparativo esgrimido como defensa, ou polo menos como atenuante, do galo Montero.
...

¿Que? ¿Pouca altura literaria...? ¡A min non mo parece, pois, se comparamos os nosos estudos, normas gramaticais, etcétera, cos que tiñan aqueles avós, os de agora tiñamos que ser, como pouco, premios Nobel!
-.-

A Corrida do Galo nas Pontes de Veiga

Podémola sinalar como un fito histórico desta bisbarra, e iso por varias circunstancias:

. Celebrouse en Montecubeiro o Domingo de Pascua do ano 1936; por aquelas datas xa soaban os tambores da Guerra Civil, aínda lonxe, pero achegándose, redobrando nas alturas da Falanxe e do Exército.

. Non houbo outra da súa magnitude, segundo tódalas referencias locais, ata a Pascua do ano 1948, na Meda. (Cando redactei isto aínda vivía algún dos seus participantes, entre eles o "Fidalgo" da Meda, que conservaba na memoria uns cantos "pés" do seu parlamento, que mos repetiu precisamente o día do Santo, en Montecubeiro, no ano 2006).

Sentenzas, Fías e Ruadas (6)Tamén se fixo con dous galos, querendo simbolizar nesta ocasión certos abusos dunha parella da Garda Civil, ao parecer oriúndos da Fonsagrada, que lle tiñan zuna á Unión de Montecubeiro por uns episodios que non veñen ao caso, particularmente un crime que houbera na parroquia.

Polo que ten de reflexo dunha época e dunhas circunstancias locais, nosas, e por ende patrimoniais, coido que merece unha especial atención o "sermón" dos seus
Predicadores, que se inserirá máis adiante, na antoloxía dos Predicotes.
-.-

A (grandiosa, definitiva) Corrida da Meda

Celebrada o 28 de Marzo do ano 1948

(As transcricións son literais, tal e como están no libreto orixinal)





Atestado do galo

Buenas tardes doy, señores,
distinguido Tribunal,
a jóvenes y a mayores
y al público en general.
Vengo cumpliendo órdenes
de la Superioridad,
y soy Rodolfo Díaz Montes,
Guardia de Seguridad.
He recibido una orden
por conducto conocido:
que buscase al delincuente,
y aquí está detenido.
Este gallo aquí presente
es de historia moderna,
pues nació en una granja
en Castro Riberas de Lea.
Y para ser distinguido,
nació de una incubadora!


Recóllese a impresión que causou a aparición das incubadoras: o labrego, que tiña por dogma de fe o ciclo e mailas incubacións naturais, non saía do seu asombro.

El no quiso estar sumiso
junto de su gallinero,
y un buen día se marchó
sin decir nada al granjero.
Bastante lejos de allí
acampó en un gallinero
donde hizo graves daños,
según informes que tengo.
Aún sin tener la edad
profanó unas pollitas,
y creo que de eso ha sido,
todas quedaron raquíticas.
Las viejas que allí había
las llegó a desperdiciar,
que ni siquiera una de ellas
ha querido galear.
No solamente el desprecio
sinó su malvada idea,
pues no ha querido consentir
que otro gallo lo hiciera.
Por estas mismas razones
gran altercado se armó,
y de resultas de eso
el otro gallo murió.
Se sabe que hizo daño
a los vecinos del pueblo,
y se burlaba de ellos
si trataban de reprenderlo.
Se sabe que ha robado
en casa de una señora;
atrevimiento muy grande,
que esto no es de broma.
Un día se dió un caso:
Lo mandaron salir de allí,
y el, por toda respuesta,
contestó: ¡Qui-qui-ri-quí!
Sin pasar más adelante
he de advertir una cosa:
Que este gallo es conocido
por "Travieso Cresta Roja".
Señor Juez, se acabaron
los datos del Atestado;
ordene su recogida,
y dése por enterado!


Neste caso as acusacións máis ben eran faltas que non delitos, pero, ¡eran acusacións, delacións! Hai que poñerse nas circunstancias históricas, pois no ano 1948 aínda se detiña e xulgaba á xente por nimiedades, inercia daquela terrible represión franquista.

Xuíz

Con el permiso de todos.
¿Quiere, señor Presidente,
que tramitemos ahora
este latoso expediente?


O Presidente da Audiencia

Puede Usía tramitar
si lo cree menester;
y seguirlo hasta su fallo
ajustándose a la Ley.

Xuíz

Para que ninguno lo ignore
de todos los reunidos,
ordeno al señor Portero
que se citen los testigos.

Primeira testemuña

¿Pódese pasar, amigo?
Boas tardes, señorías;
chamáronme para este sitio,
dirán o que me querían.

Invariable: Tan só as testemuñas, que se presentaban con actitude afectada, e con gravata, falaban en castelán. Aquí o incrible foi que á Garda Civil de Castroverde, presente no acto, ¡de ben mantida na Meda, por suposto, pois a Corrida foi de tarde!, non se lles ocorreu interromper o espectáculo, e iso que daquela aínda estaba prohibido utilizar o galego en actos públicos, limitándose ao "uso y consumo" domésticos, coa excepción da reprodución de literatura xa publicada, e para iso, ¡con censura previa!

Xuíz

¿Jura usted, señor testigo,
ser verdad lo que declara,
y decir todo lo que sepa
con relación a esta causa?

Testemuña

Dici-la verdade hei,
e máis aquí nesta Audiencia;
vostede sáibame entender
que vou falar en conciencia.


Neste "sáibame entender" vexo unha fonda rebeldía, que pugna por acadar un mínimo de dignidade galega; algo así como: "Achéguese vostede, dea un paso cara a min, e respecte a miña lingua".
Dicir todo o que saiba
xa non é cousa doada;
eu bótolle que me leva
lo menos unha semana.


Pide que se lle escoite o tempo preciso, esaxerando de propósito: aprendera no berce que o paisano tiña que pedir moito para recibir faragullas.

O galo, meu "Cresta Roja".
é ben decente e honrado,
que hasta fai favores
sen ser nada interesado.

Aquí hai dúas figuras, un dobre sentido: "fai favores", nun senso erótico; e ser "nada interesado" era a máxima virtude para aquel labrego, testemuña da defensa, que non sabía pedir nin sequera os seus dereitos sen levar un xamón ao lombo.

Naceulle cerca de Castro,
nunha granxa que alí hai;
e hastra para burlarse dil
chámanlle fillo sen nai!
Din que se foi da granxa...;
¡malia levou a marchar,
pois soubo de boa tinta
que o querían esfolar!

Aqueles labregos diferenciaban entre a matanza doméstica, considerada de tradición natural e indispensable, coa industrial das granxas, procedementos que lles resultaban sacrílegos, deshumanizados. Por outra parte, aínda quedaban cerca as persecucións políticas, ou pseudo políticas, que con frecuencia acababan no paredón.

¿Que se quedaron raquíticas
por galealas, as poliñas?
Desde que iso foi, medraron,
e corren ben espelidas!
Queixáronse unhas vellas...;
galealas non quería...;
calquera se achega a elas,
que ao visto teñen a tiña!
Chegaron a levantarlle
que lle privara a outro galo...
¡O outro galo non quixo,
que lle estaba ben cansado!
¿Que se armou un altercado
porque non as galeou?
¡Tíñalle anemia no corpo,
e con ela se marchou!

Estabamos no 1948; a anemia e mailas fames dos anos precedentes aínda eran unha negra sombra que non fuxira, que non se daba arredado.

Que roubou unha señora,
non faltou quen o dicía.
¡Catarreira roubou ela,
que outra cousa non tiña!

Nova alusión á miseria que aínda arrastraban algunhas familias. Sen antibióticos, mal calzados e peor vestidos, longos desprazamentos sen roupa de abrigo, mollados, desnutridos, etcétera, as "catarreiras" (bronquite, pulmonía, gripes, furúnculos...), eran endémicos.

Din que tamén fixo dano
aos veciños deste pueblo...
¡Eu son un deses veciños,
e non cheguei a sabelo!
Téñenlle algo ese costume:
enseguida se queixar.
Boas prepas lle son eles;
¡moito lles hai que aguantar!
Alerta, señor Xuíz,
non se deixe enganar,
pois ao galo téñenlle ganas,
e quéreno liquidar.

O termo "liquidar" arraigou a partires de 1936. ¡Meteuse no subconsciente! A xente utilizábao para todo, que ata se dicía: "Hai que liquidar esas herbas do horto...", referíndose á sacha.

Por se queren máis testigos,
que non os traten de bobos;
haille vinte no meu pueblo,
¡e coma min sábenllo todos!
Eu podía seguir falando,
pero vóulleme marchar,
¡pois cos aniños que teño
non estou para laretar!


Van buscar a 2ª testemuña, que comeza a declarar:

Deus nos dea boas tardes.
O saudiño é o primeiro.
Figura que están fortes
pola panza que lles vexo...

A teima das fames: ver unha persoa gorda, que se supoñía ben mantida, era a envexa total. ¡Deus, cómo cambian os tempos, e cos tempos, as mentalidades!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES