Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Oito por cento

jueves, 30 de agosto de 2007
A saber de onde sacan os políticos as cifras, pero con elas conquístannos, convéncennos ou embóbannos.

Canto necesita Galicia anualmente para situarse á altura das autonomías máis desenvolvidas?. Pois unha enormidade, se é que eso pode cuantificarse, que xa é difícil.

Unha terra coma a nosa parte con centos de anos de diferencia con Madrid, Euskadi ou Catalunya, e nin todo o diñeiro do mundo soluciona así como así a diferencia.

Pero sabendo que non é somente cuestión de diñeiro, é moi bo que se produzan investimentos importantes, aínda que eso non signifique subir dun paso tódolos chanzos que levamos de atraso na escaleira do progreso.

O Bng cuantificou no Congreso dos Deputados en máis do oito por cento o investimento mínimo que o Estado debe facer en Galicia en 2008, para non plantear unha emenda presupostaria a esas contas que o Psoe xa anunciou que van contar cun gran consenso por ser uns moi bos presupostos.

E Zapatero rematou o tema o pasado fin de semana na súa visita festeira e vacacional á Fonsagrada, confirmando que Galicia contaría co oito por cento do investimento do Estado no próximo ano.

Podemos estar satisfeitos?. Contentámonos cun oito. En termos e tempos estudiantís, sería unha puntuación magnífica. Tempo ó tempo. Pero visto así, a priori, parece estar ben. Disfrutémolo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES