Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A que colexio acudir

viernes, 07 de septiembre de 2007
En tempos, o tema estaba claro: Había que acudir á escola de pago, porque o ensino público non estaba prestixiado, e aínda os máis humildes se sacrificaban pagando as clases dos seus fillos para non mandalos á escola gratuita.

A escola mellorou porque mellorou a formación dos mestres, e a súa dotación permitíu evitar que seguira sendo verdade o aforismo sobre a fame que pasaban os mestres de escola.

Desde entón, un mundo de distancia. Agora hai escola pública ou privada concertada, gratuita para todos, diferenciándose unicamente no ideario dos promotores: de promoción estatal e polo tanto suponse que aberta a todo, e privada – case sempre relixiosa- cun ideario que conservar e promover.

Neste momento, o único condicionamento é de carácter físico, segundo a demarcación onde viva o alumno. E, valorando diversos elementos, asígnanse prazas no colexio que quede máis perto da residencia, co que a liberdade de elección de centro queda supeditada ó dereito democrático de recibir ensinanzas o máis perto posible da casa do alumno.

Veñen de facerse públicos resultados de fracaso escolar en todo o Estado, e pode ser casualidade pero o fracaso escolar é porcentualmente o doble nos centros públicos que nos concertados.

Casualidade ou intencionalidade, as cifras deben motivar unha investigación detallada nos centros para comprobar os datos e, sobre todo, as causas e os efectos desta situación.

Os centros dun ou doutro lado son diferentes e iguais á vez. E posiblemente haxa interese en marcar diferencia prestixiando ou desprestixiando o seu ensino.

O tema deber ser estudiado e clarificado. Para saber que cuestións hai que ter claras á hora de elixir centro de estudios para os máis pequenos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES