Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Citius, altius, fortius!

viernes, 14 de septiembre de 2007
Era o lema dos deportistas da antigüidade: Máis lonxe, máis alto, máis forte. E parece selo na actualidade para calquera parcela da actividade porque tense imposto sobor de nós un aquel de competitividade polo que hai que ser o mellor en todo, ou un non é ninguén.

O Presidente do “Goberno de España” ven de facer un simil deportivo que encaixa perfectamente neste espíritu competitivo, ó decir que España está a xogar na “Champions League das economías mundiais”.

Que esta expresión tivese inmediata resposta da oposición non debe extrañar, porque as oposicións están á que salta e neste caso maís, porque estaremos na división de honra das economías mundiais pero a preocupación hipotecaria non se nos quita do horizonte.

Mentras tanto, a Comisión Europea parece darlle á razón ó Presidente cando estima que a economía española vai medrar un 3,7% durante 2007, o que ven significar nada menos que 0,9 puntos por riba da media da Comunidade.

Imos como motos, medrando máis, xogando máis forte, con paso largo… Polo menos os grandes números da economía nacional, aínda que os pequenos números da economía de cada quen sigan camiños máis modestos e menos tranquilizadores.

Manteñamos a esperanza. Sigamos entrenando. Posiblemente poidamos chegar máis lonxe, máis alto, o que non sabemos é se a forza nos vai chegar. Ninguén é perfecto!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES