Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O idioma, modelo para Europa

viernes, 12 de octubre de 2007
O idioma, en Galicia, é coñecido polo noventa e moitos por cento dos galegos, e falado por unha cantidade moi importante. O idioma, patrimonio do pobo, herdanza milenaria, en duras epocas de intransigencia foi conservado polas clases populares, logo adoptado pola galeguidade culta, e hoxe –independentemente do que digan as estatísticas- patrimonio de moi boa parte dos habitantes de Galicia.

Aínda que nos poida parecer que o tema do galego orixina entre os falantes algún tipo de problemas, nada que ver co que poida haber noutras comunidades onde a imposición non consegue o que aquí temos polas boas.

A Comisión Europea ven de poñer ó Estado español como modelo de bilingüísmo nas comunidades autónomas con idioma propio con motivo do Día Europeo das Linguas, e a efecto do seu estudio e aplicación por parte doutros estados.

A Comisión considera que en España, a Administración ten abordado o problema das lenguas minoritarias de xeito realista e efectivo. E ponnos como modelo.

Visto desde Europa pode parecer uniforme e harmónico, pero o certo é que en cada autonomía (Catalunya, País Valenciá, Euskadi, Galicia…) o idioma é un mundo e o seu tratamento é diferente, propio da idiosincrasia de cada quen.

Poñernos de modelo significa recoñecer un proceso máis ca un traballo, unha situación que no caso de Galicia hai que recoñocer como xeitosa aínda que sempre sexa millorable.

Con altibaixos, sen imposicións, con xeito, con tranquilidade, o galego goza de boa saúde. Poden poñernos como ejemplo. O idioma vai, e nós con el.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES