Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Citas diversas

miércoles, 18 de julio de 2018
Empeza en España un programa chamado “Una cita única”, en Movistar+, que ten como obxectivo axudar a persoas con diversidade funcional a atopar parella. Este formato xa leva tempo funcionando en Inglaterra baixo o título “Undatables”. Na cabeceira inglesa aparece Cupido que aniquila o prefixo infame coa súa frecha amorosa. A partir de aquí a intencionalidade fica totalmente explícita...

Xente diversa busca o amor a través dunha axencia. Vemos persoas que nunca tiveron parella e andan na procura dunha experiencia amorosa, persoas que estiveron namoradas e desexan volver a estalo... pero sobre todo vemos xente aberta á vida e a todo o que a vida queira ensinarlle de seu.

Sempre tiven claro que a naturalización da diversidade non ten máis límites que os que as persoas queiran poñerlles. Deste xeito, unha vez que se produce a naturalización todo é posible...

Quen se anime a seguir o programa quizáis descubra unha máxima: o amor é un ilímite universal que se nos presenta baixo infinitas formas de ledicia e, tamén, que o ser poliédrico das persoas sempre garda caras amables que, ao cruzarse en miradas, fan saltar muxicas.

Inglaterra vai moi por diante no tema da inclusión. De feito, nos programas, vese con claridade que o habitual é que as persoas con diversidade teñan un traballo e vivan de xeito autónomo (quen nos dera en España...). Naturalizado este feito, é sinxelo chegar a cavilar na necesidade de afectividade e en posibles vías de intervención neste campo. Aquí, como pasa coa autonomía persoal, a diversidade funcional tórnase en fonte de emprego e inspiración para plans de negocio: en Inglaterra xurdiron axencias adicadas a poñer en contacto a persoas diversas.

Un dos casos que máis me chamou a atención foi o dun rapaz con síndrome de Tourette. Trátase dun tic nervioso, reflectido na expresión da cara, que se traduce verbalmente en insultos e xestos obscenos no medio dunha conversa plenamente coherente e mesmo agarimosa que, tras o feito, segue no mesmo ton. Segundo os testimonios, en determinados casos, o feito de ter estabilidade emocional aletargou o síndrome ata o punto de desaparecer. O problema é que, coa fin da relación, recrudeceuse...

Naturalizar a diversidade é unha fonte de riqueza intelectual, a maneira máis nobre de medrar como sociedade. Quizáis, nese camiño atopemos tamén fontes de negocio que nos descubran a gran sinerxía de medrar xunt@s...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES