Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Brinde a Marica

jueves, 08 de noviembre de 2007
Na tensión de pór nome á vida que está a amencer, o sábado imos celebrar tantas xeiras compartidas con Marica Campo, dende os anos que bebeu das fontelas de Lagostelle, acompañando a súa nai en farturentas estadías arredor do Balneario, ata aqueles fríos invernos a carón da Cova da Serpe, xa mestra de Anafreita. A creadora en todos os eidos da literatura: poesía, contos, teatro, artigos… foi aloumiñando mananciais e filóns de fantasía. Nas escolas de Castro de Rei e Muimenta, a Terra Chá foi debelándolle a Galiza das mil paisaxes, dende a primixenia do Val do Incio. Cantas febras das abidueíras destas ribeiras, cinguen o seu compromiso total co país, moldeado nestes anos coma a arxila compacta que un día descubriu na paixón do “alfareiro de Bonxe”, na primeira fornada da súa lírica: Tras as portas do Rostro. Un ensino compartido xa daquela en aldeas e vilas, á escoita dos latexos da Terra que vivifican á mestra, e que engrandeceron o seu corazón, ata esta xenerosidade e entrega na que agora tripamos, no acougo deste abrigo do IES Díaz Castro de Guitiriz, que nun día vai agasallarnos con tanta bonanza e sabedoría. Nunha celebración “competente”, coma cómpre á obriga con Manuel María, o que máis petou a esas portas, para que a palabra de Marica as abrise de par en par, coma vén facendo nestes anos. Imos penetrar nas entrañas do seu compromiso con Galiza, e da súa obra, a través da escoita de compañeir@s dunha longa viaxe: Pilar García Negro, compartindo nome e arelas dende o Lugo da mocidade. Xosé Manuel Carballo, guieiro nos carreiros e agras dos seus comezos de mestra nestes lares, e Manuel López Foxo, que vai achegar as calas da critica literaria da dona da palabra. E á fin, recalaremos nas baias da Mariña, outra das súas paisaxes, con Bernardo Penabade. A Quenlla vai interpretar a “Casa”, un dos eixes do seu vivir, e volverán a removernos coa “Muller”, que fixo vibrar Fuxan os Ventos. Con Tino Baz saborearemos as primicias dun disco que vai editar inspirado na poesía de Marica. As e os alumnos e profesores do Instituto van deleitarnos con “O Premexentes non pode cos paxaros rebezos”. “Chairega de Honra”, coma Fiz Vergara, o primeiro en recibir o título, que con toda fachenda lucía nun lugar preferente do seu obradoiro. E a sementeira sazonou, con tanto brío, nun outono nimbado de recendos e viños novos, que promete máis froitos, coma os contos de As vilas ocultas de Ariach, a Chaira de Marica, cos que brindamos neste día.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información